Púxose entre os exércitos de Exipto e os de Israel. A nube por unha banda era de tebra e pola outra alumaba a noite, de xeito que en toda a noite non puideron aproximarse os uns ós outros.
Moisés respondeulle: —"Iso non pode ser, pois o que nós ofrecemos en sacrificio a Iavé, o noso Deus, é abominable para os exipcios. Se sacrificamos o que para eles é abominable, non nos acantazarían?
Farei camiñar os cegos por un vieiro que non coñecen, por corredoiras descoñecidas fareinos ir. Converterei diante deles a escuridade en luz, e as revoltas do camiño en dereitura. Estas cousas fareillas; si, non os abandonarei".
Denegueivos a chuvia cando faltaban aínda tres meses para a colleita, fixen que chovese nunha vila si e noutra non; unha leira foi regada e outra, onde non choveu, murchou.
E clamaron os vosos ó Señor, e interpuxo a tebra entre vós e Exipto, e botou sobre os outros o mar, que os enguliu. Ben viron os vosos ollos o que fixen con Exipto; e despois morastes moito tempo no deserto.
Pero, en cambio, vós sodes raza escollida, sacerdocio de reis, nación santa, pobo adquirido por Deus, para pregoardes as marabillas daquel que vos chamou das tebras á súa luz admirable.