Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 10:22 - Biblia SEPT

22 Moisés estendeu a súa man cara ó ceo e viñeron tres días de néboa escura sobre Exipto.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 10:22
13 Iomraidhean Croise  

Mandou tebras e escureceu, mais eles non se pregaron ás súas ordes.


Despois, o quinto, verteu a súa cunca no trono da besta e o seu reino quedou cuberto de tebras. Coa dor comezaron a morder as propias linguas


Pois olla: Quen moldeou os montes e creou o vento, quen lle descobre ó home o que está a matinar, quen fai o abrente e mais as tebras, quen camiña sobre os lombos da terra, Iavé, Deus dos Exércitos, é o seu nome.


o día da escuridade e dos trebóns, o día de néboa e de escuras nubes, coma o Luceiro da Alba estendido sobre as montañas, forte, enorme e poderoso, coma el non o houbo xamais, e despois del non se volverá contar no sucederse de xeracións en xeracións.


Estes mandamentos ditoullos o Señor con forte voz a toda a vosa asemblea na montaña, desde o medio do lume, da nube e do escuro nubrado. Non engadiu máis nada, senón que os escribiu en dúas lousas de xisto, e entregoumos a min.


Entón vós achegástesvos e quedastes ao pé da montaña, e o monte resplandecía cunha lumarada que chegaba ao mesmo corazón do ceo, con escuridade, con nube e con espesos negróns.


O pobo quedou lonxe, e Moisés aproximouse á nube mesta, onde estaba Deus.


Denegueivos a chuvia cando faltaban aínda tres meses para a colleita, fixen que chovese nunha vila si e noutra non; unha leira foi regada e outra, onde non choveu, murchou.


é polo día, e van dar nas tebras; é mediodía, e apalpan coma á noite.


e olla para a terra: todo, angustia e escuridade, negrura, opresión, e profunda escuridade espallada por todo.


Cando ti te apagues, cubrirei o ceo e porei de loito as súas estrelas, o sol tapareino con nubes e a lúa non alumará coa súa luz.


A todos os astros luminosos que hai no ceo, poreinos de loito por ti, e porei as tebras sobre a túa terra, —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan