Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 10:21 - Biblia SEPT

21 O Señor díxolle a Moisés: —"Ergue a túa man cara ó ceo, e virán sobre Exipto unhas tebras tan pechas, que se poderán apalpar".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 10:21
23 Iomraidhean Croise  

é polo día, e van dar nas tebras; é mediodía, e apalpan coma á noite.


Mandou tebras e escureceu, mais eles non se pregaron ás súas ordes.


Sexa o seu camiño tebroso e esvaradío, e que os persiga o anxo do Señor.


Descargou sobre eles a súa ira, o noxo, o furor, a indignación, mensaxeiros de desgrazas arreo.


O Señor mandou a Moisés que lle dixese a Aharón: —"Colle a túa vara e alonga a man sobre as augas de Exipto: os ríos, os canais, as lagoas e depósitos, e que se troquen todos en sangue. Haberá sangue en todo o Exipto, mesmamente nos recipientes de madeira e de pedra".


Despois díxolle o Señor a Moisés: —"Estende a túa man cara ó ceo: que caia pedrazo en toda a terra de Exipto, sobre os homes, os animais e sobre toda a vexetación do campo".


en troques o camiño dos malvados é coma a tebra, non saben contra onde van bater.


"O Sabio ten ollos na cara, o Necio camiña na tebra", mais sei tamén que igual destino lles cae enriba ós dous.


xa que: "Chega en van, vaise coas tebras, e na sombra ocúltase o seu nome".


Cando ti te apagues, cubrirei o ceo e porei de loito as súas estrelas, o sol tapareino con nubes e a lúa non alumará coa súa luz.


Chegado o mediodía, a escuridade cubriu a terra ata as dúas e pico da tarde.


Chegado o mediodía, a escuridade cubriu toda a terra, ata as dúas e pico da tarde.


Chegado o mediodía, a escuridade cubriu a terra ata a media tarde.


O Señor, o voso Deus, será quen irá diante de vós; El pelexará no voso favor tal como fixo, diante dos vosos ollos, en Exipto.


A luz do mediodía terás que andar ás apalpadelas, como anda ás apalpadelas o cego na escuridade, e non poderás dar remate ós teus camiñares. Todos os días certo que serás maltratado e roubado, e non haberá quen te salve.


Ou intentou algún deus vir coller para si unha nación do medio doutros pobos, con castigos, con sinais e prodixios, con guerra, con man forte e brazo estendido, con terrores grandes, de maneira semellante a todo o que o Señor, o voso Deus, fixo no voso favor en Exipto ós teus propios ollos?


Son coma fontes secas, nubes mouras empurradas por unha tormenta: a negra escuridade está gardada para eles.


Pois Deus non perdoou os anxos que pecaron senón que os botou ós alxubes escuros do inferno, gardándoos alí para o xuízo.


Ardentías do mar que rebotan coma escuma as súas porcalladas; estrelas errantes, ás que lles agardan unhas tebras pechas para sempre.


E tamén que os anxos que non mantiveran a súa dignidade e abandonaran a súa morada, tenos gardados nas tebras, encadeados con cadeas eternas ata o día do gran xuízo.


Logo tocou o cuarto anxo e tremelicou a terceira parte do sol, a terceira parte da lúa e a terceira parte das estrelas: escureceuse a terceira parte de cada un deles e un terzo do día non alumeou e o mesmo a noite.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan