Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 10:2 - Biblia SEPT

2 e para que así poidas contarlles a teus fillos e a teus netos como tratei eu ós exipcios e os sinais que fixen con eles. Dese xeito saberedes que eu son o Señor".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 10:2
22 Iomraidhean Croise  

Por iso es grande, Señor Iavé, non hai outro coma ti, nin hai Deus, fóra de ti, conforme o que temos oído.


Do mestre do coro. Poema dos coreítas.


Nós mesmos, Deus, oímolo, e nosos pais nolo contaron: a obra que fixeches nos seus días, nas idades remotas.


Os xustos alegraranse á vista do escarmento e no sangue dos malvados bañarán os seus pés.


Agora na vellez e nas canas non me abandones, meu Deus, para lle contar do teu brazo á xeración presente, e do teu poder a todas as vindeiras.


O que oímos e sabemos, o que os pais nos contaron,


Cando mañá o teu fillo che pregunte: Que significa isto?, ti diraslle: O Señor sacounos con man forte de Exipto, da casa da servidume.


O mostrar a miña gloria á conta deles, aprenderán os exipcios que eu son Iavé".


Eu endurecerei o corazón do faraón, de xeito que se botará a perseguirvos, e eu mostrarei a miña gloria á conta súa e dos seus exércitos. Entón saberán os exipcios que eu son Iavé". Os israelitas fixeron o mandado.


Iavé di: Nisto poderás recoñecer que eu son Iavé. Coa vara que levo na man baterei na auga do Nilo e trocarase en sangue.


Os exipcios aprenderán que eu son Iavé, cando alongue a miña man contra o Exipto e saque de alí os israelitas".


El respondeu: —"Mañá". Díxolle Moisés: —"Será como ti dis, para que saibas que non hai outro coma Iavé, o noso Deus.


O que vive, e vive feliz, é quen te loa, o mesmo ca min hoxe. O pai ensinaralles ós fillos a túa fidelidade.


Non fixen eu que se contaminasen coas súas ofrendas, ó faceren pasar polo lume a todos os primoxénitos, para volvelos unha desolación e para que así recoñezan que eu son o Señor?


Eu tróuxenos ó país que, coa miña man levantada, xurara llelo dar a eles; pero eles, ó veren calquera outeiro elevado ou calquera árbore enramallada, ofreceron alí os seus sacrificios, deron alí as súas ofrendas provocadoras, puxeron alí os perfumes que, segundo eles, aplacan e verteron alí as súas libacións.


Contádellelo ós vosos fillos, e vosos fillos a seus fillos, e seus fillos á xeración seguinte.


E vós, pais, non sexades rigorosos de máis cos vosos fillos; non: educádeos na disciplina e na doutrina do Señor.


Pero ti ten moito coidado de ti, ten coidado coa túa vida, de non esqueceres cousas que viron os teus ollos e de que non se che aparten do teu corazón todos os días da túa vida. Cóntallelas a teus fillos e a teus netos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan