Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 10:13 - Biblia SEPT

13 Moisés tendeu a vara sobre Exipto, e o Señor empuxou cara ó país un vento do leste, todo o día e toda a noite. Pola mañá o vento siroco trouxera a lagosta.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 10:13
11 Iomraidhean Croise  

Despois delas agromaban outras sete, miúdas e queimadas.


Mandouno, e veu a lagosta, saltóns que non se contaban,


raios e sarabia, neve e néboa, furacán que cumpre as súas ordes,


Fixo soprar no ceo o vento do leste, dirixiu con poder o vento do sur,


Entregoulles ós saltóns as súas colleitas; o froito do seu traballo, á lagosta.


Moisés alongou a man sobre o mar, e o Señor removeuno cun vento forte do leste, que soprou toda a noite, ata secar o mar, coas augas partidas.


As lagostas, que non teñen rei e marchan todas ordenadas;


Entón o Señor lanzou un forte vento contra o mar, e armouse unha grande tempestade de xeito que parecía que ía partir o barco.


Cando o sol apertaba, mandou Deus un abrasador vento soán, e o sol deulle na cabeza a Xonás, que se sentía esmorecer. Entón desexou con ansia a morte e dixo: Éme mellor morrer que vivir.


Os homes, abraiados, dicían: Quen será este que mesmo os ventos e mais o mar lle fan caso?


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan