Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 1:22 - Biblia SEPT

22 Entón ordenou o faraón ó seu pobo: "Todo neno que naza, botarédelo ó río; ás nenas deixádeas que vivan".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 1:22
11 Iomraidhean Croise  

A volta de dous anos, o faraón tivo un soño. Soñou que se atopaba na ribeira do Nilo.


A estes viroulles o corazón, e aborreceron o seu pobo, fixeron aleivosías cos seus servos.


—"Cando asistades ós partos das hebreas, fixádevos no sexo: se nace varón, matádeo; se nace femia, que viva".


Abriuna e viu nela un neno que choraba. Condoída del, dixo: —"É un neno dos hebreos".


Porque as súas pernas corren ó mal, danse présa a esparexer o sangue;


Cruel é a ira; e unha enxurrada, o noxo, pero contra os celos quen se pode manter?


pois os tales non dan durmido se non fixeron algunha, non lles vén o sono se non afundiron a alguén;


Obrando raposeiramente contra a nosa xente, maltratou a nosos pais, facéndolles abandonar os seus picariños para que non vivisen.


Pola fe os pais de Moisés escondérono ao pouco de nacer durante tres meses, vendo que o neno era fermoso e non lle tiveron medo ó decreto do rei.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan