16 —"Cando asistades ós partos das hebreas, fixádevos no sexo: se nace varón, matádeo; se nace femia, que viva".
A estes viroulles o corazón, e aborreceron o seu pobo, fixeron aleivosías cos seus servos.
Por parte, o rei de Exipto deu esta orde ás parteiras das hebreas, chamadas unha Xéfora e outra Púah:
Entón ordenou o faraón ó seu pobo: "Todo neno que naza, botarédelo ó río; ás nenas deixádeas que vivan".
Pero os viñateiros, ó veren o fillo, comentaron: "Este é o herdeiro: veña, matémolo, e a herdanza será nosa".
Obrando raposeiramente contra a nosa xente, maltratou a nosos pais, facéndolles abandonar os seus picariños para que non vivisen.
Pola fe os pais de Moisés escondérono ao pouco de nacer durante tres meses, vendo que o neno era fermoso e non lle tiveron medo ó decreto do rei.
Co seu rabo arramplaba cunha terceira parte das estrelas do ceo e botábaas na terra. O dragón plantouse diante da muller que estaba para dar á luz, coa idea de engulirlle o filliño en canto nacese.