Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 1:14 - Biblia SEPT

14 Amarguexáronlles a vida co duro labor do barro, dos ladrillos, coa labranza da terra, e con toda sorte de traballos, impostos con brutalidade.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 1:14
30 Iomraidhean Croise  

Entón díxolle o Señor: —"Saberás que os teus descendentes terán que estar coma forasteiros nunha terra allea, e que os escravizarán e os oprimirán por catrocentos anos.


Seguindo o consello dos mozos, faloulles nestes termos: —"Se meu pai vos impuxo un xugo rexo, eu engadirei dureza a ese xugo. Se meu pai vos zorregou a lombeiradas, eu fareino coa tralla".


Cántigas das subidas. Abondo me combateron desde a mocidade —pode dicir Israel—,


Foxen os xefes do exército, foxen; e mentres vós descansades nos pasteiros, as mulleres da casa reparten o botín:


Impúxollo por lei a Xosé, cando saíu da terra de Exipto.


Asignáronlles, pois, capataces, co fin de oprimilos con traballos, cando construían as cidades-graneiros de Pitom e de Ramsés.


Os exipcios asoballáronos con fera opresión,


Por parte, o rei de Exipto deu esta orde ás parteiras das hebreas, chamadas unha Xéfora e outra Púah:


Pasado moito tempo, morreu o rei de Exipto. Os israelitas queixábanse e berraban na súa servidume, e os seus xemidos subiron onda Deus.


—"Eu son o Señor, o teu Deus, que te saquei da terra de Exipto, da condición de escravitude.


Moisés díxolles ós israelitas todo iso. Pero non lle fixeron caso, polo desfalecemento do espírito baixo a dureza do traballo.


León bruante, oso esfameado é o gobernante malvado que asoballa a un pobo pobre.


Por isto así fala o meu Señor, Deus dos Exércitos: "Non lle teñas medo a Asiria, meu pobo, que habitas en Sión, que cunha vara en ti bate e contra ti levanta o seu pau no camiño de Exipto,


que nos pobos con furor mallaba sen parar, oprimía con carraxe as nacións, perseguíaas sen sosego.


pois o puxen na man dos que te aflixiron, dos que che dixeron a ti mesmo: Tómbate para que pasemos, pon o teu lombo como a terra, como a rúa para os que pasen".


Pois ben! Quen son eu aquí —é o Señor quen fala— para que se me colla ó meu pobo sen máis, e os seus dominadores berren triunfantes —é o Señor quen fala— e se ande a desprezar decote o meu Nome?


Non é estoutro o xaxún que eu quero? Romper as cadeas inxustas, deslear as sogas do xugo, mandar libres os oprimidos e romper todo xugo.


Non o maltratarás, senón que temerás o teu Deus.


Poderédelos deixar en herdanza ós vosos fillos; pero se son vosos irmáns, non os trataredes con dureza, xa que sodes todos fillos de Israel.


Tratarao coma a un xornaleiro, ano por ano, sen o maltratar en nada.


Si, certo, comen a carne do meu pobo, e arríncanlles a súa pel. Rómpenlles en anacos os ósos, para os poñer coma a carne no pote, coma vianda no medio da cazola.


Saca as augas para o asedio, reforza as túas cidadelas. Entra na telleira e pisa o barro, colle con forza os moldes para os ladrillos.


como os nosos pais tiveron que baixar a Exipto, onde habitamos por moito tempo. Os exipcios maltratáronnos a nós e ós nosos devanceiros;


Obrando raposeiramente contra a nosa xente, maltratou a nosos pais, facéndolles abandonar os seus picariños para que non vivisen.


vin a aflición do meu pobo en Exipto, escoitei os seus laios e baixei para liberalos. Ven logo aquí, que te vou mandar a Exipto.


Pero os exipcios maltratáronnos, oprimíronnos e impuxéronnos cruel servidume.


Pero a vosoutros o Señor colleuvos e sacouvos do forno do ferro, de Exipto, para constituírvos no que o día de hoxe sodes, o pobo da súa herdanza.


Pero ela dicíalles: —"Non me chamedes Noemí: chamádeme Marah, porque o Omnipotente encheume de amargura.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan