Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 1:11 - Biblia SEPT

11 Asignáronlles, pois, capataces, co fin de oprimilos con traballos, cando construían as cidades-graneiros de Pitom e de Ramsés.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 1:11
21 Iomraidhean Croise  

Entón díxolle o Señor: —"Saberás que os teus descendentes terán que estar coma forasteiros nunha terra allea, e que os escravizarán e os oprimirán por catrocentos anos.


Xosé acomodou a seu pai e a seus irmáns, dándolles propiedades en Exipto, en terra boa, na bisbarra de Ramsés, conforme dispuxera o faraón.


e todas as cidades de aprovisionamento que o rei tiña, mais as cidades de carros e cabalos e canto se lle antollou construír en Xerusalén, no Líbano e en todos os seus dominios.


Ben Hadad fixo caso a Asá e mandou os seus xenerais contra as cidades de Israel, devastando Iión, Dan, Abel—Maim e todos os depósitos das cidades de Naftalí.


Fortificou Tamor, no deserto, e todas as cidades de avituallamento que construíra en Hamat.


errando de nación en nación, dun país noutro país,


Cántigas das subidas. Abondo me combateron desde a mocidade —pode dicir Israel—,


Abondo me combateron desde a mocidade, pero non puideron comigo.


Foxen os xefes do exército, foxen; e mentres vós descansades nos pasteiros, as mulleres da casa reparten o botín:


Impúxollo por lei a Xosé, cando saíu da terra de Exipto.


Amarguexáronlles a vida co duro labor do barro, dos ladrillos, coa labranza da terra, e con toda sorte de traballos, impostos con brutalidade.


Cando Moisés era xa grande, foi un día visitar a seus irmáns, e atopounos coas súas cargas. Viu tamén que un home exipcio batía nun hebreo de entre seus irmáns.


O Señor díxolle: —"Teño visto as miserias do meu pobo en Exipto, oín as súas queixas contra os seus opresores, coñezo os seus sufrimentos.


Foron os capataces e os gardas e faláronlle ó pobo: —"Isto di o faraón: Non seguirei provéndovos de palla.


Os inspectores israelitas fóronse queixar ó faraón: —"Por que tratas os teus servos deste xeito?


Pero esixirédeslles a mesma cantidade de adobes que facían ata hoxe, sen rebaixarlles nada, pois son uns lacazáns. Por iso berran, dicindo: Queremos ir ofrecer un sacrificio ó noso Deus.


Cruel é a ira; e unha enxurrada, o noxo, pero contra os celos quen se pode manter?


como os nosos pais tiveron que baixar a Exipto, onde habitamos por moito tempo. Os exipcios maltratáronnos a nós e ós nosos devanceiros;


Pero os exipcios maltratáronnos, oprimíronnos e impuxéronnos cruel servidume.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan