Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Esdras 4:3 - Biblia SEPT

3 Pero Zerubabel, Xosué e o resto dos xefes de familia de Israel dixéronlles: —"Non edificaremos xuntos, nós e vós, unha casa ó noso Deus. Somos nosoutros sós os que construímos para o Señor, o Deus de Israel, como nolo ordenou o rei Ciro, o rei de Persia".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Esdras 4:3
16 Iomraidhean Croise  

O ano primeiro de Ciro, rei de Persia, o Señor, para cumprir o que anunciara por medio de Xeremías, moveu a Ciro, rei de Persia, a promulgar de palabra e por escrito en todo o seu reino:


O primeiro ano de Ciro, rei de Persia —para que se cumprise a palabra do Señor saída da boca de Xeremías—, o Señor espertou o espírito de Ciro, rei de Persia, a fin de que en todo o seu reino se promulgase de palabra ou por escrito o que segue:


—"Ciro, rei de Persia decreta: Todos os reinos da terra me foron entregados polo Señor, Deus dos ceos, e encargoume por si mesmo de levantarlle un templo en Xerusalén de Xudá.


Os que de entre vosoutros pertenzan a ese pobo, que o seu Deus sexa con eles e que os conduza a Xerusalén, en Xudá, para construír a Casa do Señor, o Deus de Israel —trátase do Deus que está en Xerusalén—.


Os dous anos de chegaren ó templo de Xerusalén, no mes segundo, Zerubabel, fillo de Xealtiel, e Xosué, fillo de Iosadac, co resto dos seus irmáns, os sacerdotes, os levitas e todos cantos viñeran da catividade a Xerusalén, comezaron a distribuír os levitas de vinte anos para arriba, poñéndoos á fronte da obra do templo.


Eu respondinlles, dicindo: —"É o Deus dos ceos, El mesmo, o que nos dará o éxito. Nós, os seus servos, levantarémonos e construiremos. Para vosoutros non haberá parte ningunha, nin dereito nin recordo en Xerusalén".


Di: "Ciro é o meu pastor, cumprirá todos os meus gustos, anunciando:Xerusalén, serás reedificada; templo, serás cimentado".


por causa do meu servo, Xacob, e de Israel, o meu elixido. Si, chameite polo teu nome; creeite, aínda que non me coñecías.


Vede que vos mando coma ovellas entre lobos! Así que sede prudentes coma as serpes e sinxelos coma as pombas.


Preguntoulle entón a muller samaritana: Como é que ti, sendo xudeu, me pides a min, muller samaritana, que che dea de beber? (Porque os xudeus non se levan cos samaritanos).


Non tes parte nin sorte neste asunto, porque o teu corazón non é recto diante de Deus.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan