Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Esdras 4:2 - Biblia SEPT

2 chegáronse a Zerubabel e ós cabezas de familia e dixéronlles: —"Nós tamén queremos traballar convosco. Pois, o mesmo ca vós, buscamos a Deus, o voso, e ofrecémoslle sacrificios, desde o tempo de Asarhadón, rei de Asur, que nos fixo subir aquí".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Esdras 4:2
19 Iomraidhean Croise  

De alí emigrou para Asur e construíu Nínive, Rehobot-Ir, Calah


O rei de Asiria trouxo alí xentes de Babilonia e de Cutah, de Avá, Hamat e Sefarvaim, e asentounas nas cidades de Samaría, no lugar dos israelitas. Esas xentes tomaron posesión de Samaría e establecéronse alí, nas súas cidades.


Dese xeito, aquela xente adoraba ó Señor e, ó mesmo tempo, dáballes culto ós seus ídolos. Os seus fillos e os seus netos seguen facendo o mesmo cós seus pais, ata o día de hoxe.


Un día que estaba axeonllado no templo de Nisroc, seu deus, Adramélec e Xaréser matárono coa espada, e liscaron para o país de Ararat. Sucedeulle no trono o seu fillo Esarhadón.


Entón levantáronse os xefes de familia de Xudá e de Benxamín, os sacerdotes e os levitas, nunha palabra todos cantos Deus movera para ir levantar a Casa do seu Señor que está en Xerusalén.


Son os que viñeron canda Zerubabel, Xosué, Nehemías, Seraías, Reelaías, Mardoqueo, Bilhán, Mispar, Biguai, Rehum, Banah. Número dos homes do pobo de Israel:


Entón moitos sacerdotes, levitas e xefes de familia entre os máis anciáns, os que tiñan visto o templo antano, choraban a gritos, mentres se poñían á súa vista os alicerces deste templo. Pero outros moitos elevaban a voz reloucando de ledicia.


Entón Xosué, fillo de Iosadac, púxose en pé cos seus irmáns os sacerdotes; como tamén Zerubabel fillo de Xealtiel, cos seus irmáns, e empezaron a construír o altar do Deus de Israel para ofreceren nel holocaustos, como manda a lei de Moisés, home de Deus.


E agora, Deus noso, Deus grande, poderoso e terrible, que gardas a alianza e a fidelidade, non teñas en pouco as aflicións que nos alcanzaron a nós, ós nosos reis, ós nosos príncipes, ós nosos sacerdotes e a todo o pobo, desde o tempo dos reis de Asiria ata hoxe.


Falan con retranca e con malicia, ameazan desde o alto coa opresión.


Entón Senaquerib, o rei de Asiria, púxose en movemento, marchou e volveu reinar en Nínive.


E, cando estaba prostrado en adoración no templo de Nisrok, o seu deus, os seus fillos Adramelec e Saréser matárono coa espada. Eles escaparon para o país de Ararat e logo, no seu posto, subiu ó trono o seu fillo Esar—Hadón.


Discorrede un discurso, volvede ó Señor e dicídelle: "Perdoa totalmente a culpa; si, acóllenos a palabra; queremos agradecercho co froito dos nosos labios.


A pesar dos falsos irmáns que solermiñamente se viñeron meter polo medio, para fiscalizaren a liberdade que nós temos en Cristo Xesús e para nos aferrollaren.


E da mesma maneira que Ianne e Iambrés se arrepuxeron contra Moisés, así tamén estes se arrepoñen contra verdade: homes de mente estragada, réprobos na fe.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan