Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Esdras 1:3 - Biblia SEPT

3 Os que de entre vosoutros pertenzan a ese pobo, que o seu Deus sexa con eles e que os conduza a Xerusalén, en Xudá, para construír a Casa do Señor, o Deus de Israel —trátase do Deus que está en Xerusalén—.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Esdras 1:3
20 Iomraidhean Croise  

En troques, Iavé é o Deus da firmeza, El é o Deus da vida eterna, o Rei eterno; coa súa ira estremécese a terra, os pobos non son capaces de aguantar o seu noxo.


El mandoulles -la súa palabra ós fillos de Israel, anunciándolles a Boa Nova da paz por Xesús Cristo: este é o Señor de todos.


ensinándolles a gardar canto vos mandei. Asegúrovos que eu estarei sempre convosco ata a fin do mundo.


Eu son o Señor e non hai outro, fóra de min non hai deus. Ameite, aínda que non me coñecías,


Logo non cho dixen xa?: se rexo e valoroso; non teñas medo nin te empequenezas, pois o Señor, o teu Deus, estará contigo en todo o que acometas".


Certo que o noso Penedo non é coma o seu penedo, certo que os nosos inimigos non son quen a xulgar,


Queden avergonzados, enteiramente abatidos, que se vexan perdidos e confusos.


E dixo David ó seu fillo Salomón: —"Se forte e ten valor! Mans á obra! Non teñas medo, nin esmorezas, porque Iavé Deus, o meu Deus, está ó teu carón. Non te deixará só, nin te abandonará, ata que remates toda a obra para o servizo da casa de Iavé.


e dixo: —"Señor, Deus de Israel, non hai un deus coma ti, nin arriba no ceo, nin abaixo na terra. Ti gardas a alianza e o amor ós teus servos, que camiñan diante de ti con todo o corazón.


Cando a xente o viu, prostrouse toda polo chan e exclamou: —"O Señor é o Deus verdadeiro, o Señor é o Deus verdadeiro!"


En todos os lugares onde reside o resto do pobo, que as xentes deses lugares aporten cada un prata, ouro, bens, animais e ofrendas voluntarias para a Casa de Deus que está en Xerusalén".


Mais Taznai, sátrapa da outra banda do río, Xetar—Boznai e os seus colegas, viñeron onda eles e dixéronlles: —"Quen vos deu a orde de levantar este templo e armar ese madeirame?


"Señor dos Exércitos, Deus de Israel, que tes trono de querubíns. Ti creaches o ceo e mais a terra.


Pero Zerubabel, Xosué e o resto dos xefes de familia de Israel dixéronlles: —"Non edificaremos xuntos, nós e vós, unha casa ó noso Deus. Somos nosoutros sós os que construímos para o Señor, o Deus de Israel, como nolo ordenou o rei Ciro, o rei de Persia".


Con todo, no seu primeiro ano, Ciro, rei de Babilonia, deu a orde de volver levantar esta casa de Deus.


Deixádelles facer o traballo de levantar a casa de Deus ó gobernador dos xudeus cos seus anciáns, sobre os seus cimentos.


O Señor elixiu a Sión e quíxoa por morada:


Di: "Ciro é o meu pastor, cumprirá todos os meus gustos, anunciando:Xerusalén, serás reedificada; templo, serás cimentado".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan