3 esforzándovos por manter a unidade do espírito no vínculo da paz.
Daquela, o pobo de Israel dividiuse en dous bandos. A metade seguía a Tibní, fillo de Guinat, e quería facelo rei. A outra metade seguía a Omrí.
No medio, por enriba, levará unha abertura, cunha orla de reforzo ó arredor, coma unha cota, para que non esgace.
E: "A un só, pódeselle; dous xuntos, resisten". E: "Corda de tres fíos non se rompe axiña".
Se un reino está dividido en contra de si mesmo, non se pode manter en pé.
Douvos un mandamento novo: amádevos uns a outros; como eu vos amei, amádevos tamén entre vós.
Irmáns, polo nome do noso Señor Xesús Cristo: rógovos que vos poñades todos de acordo e que non haxa divisións entre vós; ó contrario, axeitádevos todos nun mesmo espírito e nun mesmo pensamento.
Do resto, irmáns, estade alegres, procurade a perfección, dádevos azos, andade de acordo, vivide en paz e o Deus do amor e da paz estará convosco.
Ata que todos academos a unidade na fe e no coñecemento do Fillo de Deus, a madurez do home perfecto, o desenvolvemento propio da plenitude de Cristo.
Hai un só corpo e un só Espírito, do mesmo xeito que se vos chamou a unha única esperanza na vosa vocación.
Tédeos no máis grande aprecio e amor polos seus traballos; e que entre vós haxa paz.
Procurade de todos os xeitos a paz entre todos vós e mais a vosa santificación, xa que sen ela ninguén poderá ver o Señor.