Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Efesios 3:3 - Biblia SEPT

3 xa que por medio dunha revelación se me deu a coñecer o misterio, tal como escribín antes en poucas palabras;

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Efesios 3:3
23 Iomraidhean Croise  

Xa de volta a Xerusalén, aconteceume que un día, rezando no Templo, tiven unha éxtase,


Pero el contestoume: "Vai, que te hei de mandar lonxe, ós pagáns".


Fíxose un gran rebumbio; erguéronse algúns escribas do partido dos fariseos e dicían afoutos: Non atopamos nada malo neste home: e se é certo que lle falou un espírito ou un anxo?


Non quero, irmáns, que descoñezades este misterio, a fin de que non vos fiedes da vosa sabedoría: que a cegueira dunha parte dos israelitas vai durar ata que entre a totalidade dos xentís


A aquel que é potente para vos afianzar no meu Evanxeo e no anuncio de Xesús Cristo, conforme a revelación do misterio escondido durante tempos eternos,


Xa que toca a presumir —aínda que non está ben facelo—, acudirei ás visións e revelacións do Señor.


xa que nin o recibín nin o aprendín de home ningún, senón que mo revelou Xesús Cristo.


de xeito que o Deus do noso Señor Xesús Cristo, o Pai glorioso, vos conceda espírito de sabedoría e de revelación, para coñecer o ben;


polo que, ó lelo, podedes esculcar como entendo eu o misterio de Cristo,


que os xentís son parceiros, membros do mesmo corpo e copartícipes da promesa en Cristo Xesús polo Evanxeo


e amosarlles a todos a realización do misterio escondido desde sempre en Deus, que creou todas as cousas.


e tamén por min, a fin de que se me dea a palabra en abrindo a miña boca, para anunciar abertamente o misterio do Evanxeo


Así atoparán consolo os seus corazóns, para que, ben unidos no amor, logren a gran riqueza dunha comprensión total e coñezan o misterio de Deus, Cristo,


Rogade ó mesmo tempo por nós, para que Deus abra unha porta á nosa predicación, a fin de anunciar o misterio de Cristo, polo que eu estou na cadea:


Pídovos, irmáns, que aguantedes este sermón de conforto, xa que volo mando resumido.


Do puño de Silván, irmán fiel así o considero, escribinvos esta pequena carta, para vos exhortar e asegurar que esta é a verdadeira graza de Deus. Afincádevos ben nela.


Tede por seguro que a paciencia do noso Señor é sinal de salvación, como xa o noso benquerido irmán Paulo volo escribiu co saber que Deus lle deu.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan