Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Efesios 1:3 - Biblia SEPT

3 Bendito sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesús Cristo, que por medio de Cristo nos bendiciu no ceo con toda clase de bendicións do Espírito!

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Efesios 1:3
39 Iomraidhean Croise  

Bendito sexa o Deus Altísimo, que puxo os teus inimigos na túa man". Abram deulle a Melquisédec o décimo de toda a súa presa.


Todos os pobos da terra terán bendición na túa descendencia, por me teres ti obedecido".


Logo dixo David a toda a asemblea: —"Bendicide agora a Iavé, o voso Deus"; e toda a asemblea bendiciu ó Señor, Deus de seus pais, e, prostrándose, oraron ante o Señor perante o rei.


Iabés invocou ó Deus de Israel dicindo: —"Bendime, estende o meu territorio e que a túa man sexa comigo. Gárdame de todo mal, de xeito que eu non padeza...". E Deus deulle o que lle pedía.


Cando chegaron Ezequías e as autoridades, ó veren os montóns, bendiciron ó Señor e ó seu pobo, Israel.


E os levitas Iexúa, Cadmiel, Baní, Haxabnías, Xerebías, Hodías, Xebanías y Petahías dixeron: —"Levantádevos. Bendicide o Señor, voso Deus, desde sempre e para sempre. Que bendigan o teu nome glorioso, que sobrepasa toda bendición e loanza.


Desde Sión te bendiga o Señor que fixo o ceo e mais a terra.


Que o seu nome dure por sempre e a súa sona igual có sol. Que se bendigan nel todos os pobos e que o proclamen ditoso.


Bendito sexa por sempre o seu nome glorioso e que a terra se encha da súa gloria. Amén. Amén.


Será recoñecida entre os pobos a descendencia deles e os seus xermolos no medio das nacións. Todos os que os vexan recoñeceranos, pois eles son a descendencia que o Señor bendiciu.


el, colléndoo nos brazos, loou a Deus dicindo:


Naquel día coñeceredes que eu estou en meu Pai, e vós en min, e eu en vós.


que todos sexan un, coma ti, Pai, en min, e eu en ti; que tamén eles sexan un en nós, para que o mundo crea que ti me mandaches.


Xesús díxolle: Sóltame, que aínda non subín onda o Pai; máis ben, vai onda os meus irmáns e dilles: "Subo onda meu Pai e voso Pai, o meu Deus e o voso Deus".


Así nós, con sermos moitos, somos un só corpo en Cristo; e individualmente somos membros uns dos outros.


Para que cun só corazón e unha soa boca loedes a Deus, Pai do noso Señor Xesús Cristo.


Por El é por quen existides vós en Cristo Xesús, quen se fixo para nós a sabedoría e mais a xustiza, a santificación e mais a redención que veñen de Deus.


Porque igual que o corpo, sendo un, ten moitos membros e todos estes membros, con seren moitos, non fan máis dun corpo: así tamén Cristo.


Bendito sexa Deus, Pai do noso Señor Xesús Cristo, Pai misericordioso e Deus de toda consolación!


O Deus e Pai do noso Señor Xesús que é bendito polos séculos ben sabe que non minto.


Polo tanto, quen estea en Cristo, é unha criatura nova: o que era vello, pasou. Vedes? Hai unha realidade nova.


A aquel que non tiña nada que ver co pecado, Deus fíxoo pecado por nós, para que nós, grazas a el, nos volvésemos nel xustiza de Deus.


De xeito que os que viven da fe son benditos xunto con Abraham, o crente.


para levar a historia á súa plenitude e, por medio de Cristo, levar a cabo a unidade do universo, do que hai no ceo e do que hai na terra.


de xeito que o Deus do noso Señor Xesús Cristo, o Pai glorioso, vos conceda espírito de sabedoría e de revelación, para coñecer o ben;


que exerceu con Cristo resucitándoo de entre os mortos e sentándoo á súa dereita nos ceos,


resucitounos con El e con El fíxonos sentar no ceo en Cristo Xesús,


Así desde o ceo e por medio da Igrexa dáselles a coñecer a principados e autoridades a variedade de formas da sabedoría de Deus,


Porque non é a nosa loita contra homes de carne e óso senón contra os principados, contra as potestades, contra os que dominan neste mundo tenebroso, contra os espíritos do mal, que andan polo aire.


e para que toda lingua proclame para gloria de Deus Pai que Xesús Cristo é o Señor.


Aínda que estes dan culto a un asomo, a unha sombra das realidades celestes, conforme ó que se lle revelou a Moisés cando estaba para construír a tenda — santuario: "Olla que has de facer todo, segundo o exemplo que se che mostrou no monte".


Porque se foi preciso que os anticipos das realidades celestiais se purificasen con estes ritos, as realidades celestiais mesmas hanse de purificar con sacrificios ben máis poderosos ca estes.


Loado sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesús Cristo! Que pola súa grande compaixón, resucitou a Xesús Cristo da morte e nos fixo renacer a unha vida que se nos dá en esperanza,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan