Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Efesios 1:1 - Biblia SEPT

1 Paulo, apóstolo de Cristo Xesús por vontade de Deus, ós cristiáns e crentes en Xesús Cristo:

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Efesios 1:1
27 Iomraidhean Croise  

Non ocorre así co meu servo Moisés, que é fiel entre todos os da miña casa.


Quen é fiel no pouco, tamén será fiel no moito; e quen é inxusto no pouco, tamén será inxusto no moito.


Despois de se bautizar cos seus, rogábanos así: "se me tedes por unha fiel do Señor, vide parar na miña casa". E obrigounos.


Chegaron a Éfeso e alí separáronse. Entrou na sinagoga e discutía cos xudeus;


e despediuse dicindo: Hei volver onda vós, se Deus quere. E marchou de Éfeso.


Ananías respondeu: Señor, teño oído falar moito dese home e do mal que lles ten feito ós teus santos en Xerusalén.


Paulo, escravo de Cristo Xesús, chamado para ser apóstolo, escollido para o Evanxeo de Deus,


A todos os predilectos de Deus, que estades en Roma, chamados a serdes santos, deséxovos graza e paz de parte de Deus noso Pai e do Señor Xesús Cristo.


Como consecuencia: nin resto de condenación hai agora para os que están unidos a Cristo Xesús.


Matámonos a traballar coas nosas propias mans. Aldráxannos, e nós bendicimos; perséguennos e nós aturamos;


Para iso vos mando aí a Timoteo, que é fillo meu moi querido e fiel no Señor. El havos facer o acordo dos meus principios cristiáns que son os mesmos que decote ensino en todas as igrexas.


Paulo, apóstolo de Xesús Cristo por designio de Deus, e o irmán Timoteo, á Igrexa de Deus que está en Corinto e a todos os cristiáns da Acaia enteira deséxovos a


Paulo, nomeado apóstolo non por homes nin por encomenda humana, senón por encomenda de Xesús Cristo e de Deus Pai, que o resucitou de entre os mortos,


Todos vós sodes fillos de Deus pola fe en Cristo Xesús,


E todo iso de xudeus e gregos; de escravos e libres, de homes e mulleres, todo iso acabou, pois sodes coma un só en Cristo Xesús.


De xeito que os que viven da fe son benditos xunto con Abraham, o crente.


Por iso, tamén eu, tendo oído falar da vosa fe no Señor Xesús e do voso amor a todos os crentes,


Somos, logo, feitura del, creados en Cristo Xesús para facermos o ben no que Deus dispuxo de antemán que camiñemos.


Pero vós, que antes estabades lonxe, agora grazas a Cristo Xesús estades cerca, no sangue de Cristo.


resucitounos con El e con El fíxonos sentar no ceo en Cristo Xesús,


Para que tamén vós saibades que é de min e como me vai, informaravos de todo iso Tíquico, o noso irmán benquerido e axudante fiel no Señor.


ós santos e fieis irmáns en Cristo Xesús que viven en Colosas: desexámosvos a graza e paz de Deus, noso Pai.


Faranlle a guerra ó Año. Pero o Año venceraos: por algo é Señor de señores e Rei de reis; e tamén os vencerán os chamados, os escolleitos e os fieis que están con El".


Non teñas medo ningún do que vas sufrir. Ollade que Satán vos ha meter a algúns de vós no cárcere, para vos poñer á proba e teredes sufrimento dez días. Pero mantente fiel ata a morte e dareiche a coroa da vida.


sei que onde vives é onde Satán ten o seu trono e que te mantés firme comigo e non negaches a fe en min nin cando Antipas, o meu mártir que tamén fiaba en min, caeu asasinado aí onda vós, onde vive Satán.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan