Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Cantares 4:9 - Biblia SEPT

9 Botáchesme o meigallo, cariño, miña noiva! Botáchesme o meigallo, cunha das túas olladas, cunha das xoias que levas na gorxa!

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Cantares 4:9
31 Iomraidhean Croise  

Polo demais tamén é certo que ela é miña irmá, filla do mesmo pai, aínda que non da mesma nai, e eu tomeina por muller.


O faraón tirou o anel do selo do seu dedo e púxoo no de Xosé. Fíxoo vestir de roupa de liño e púxolle un colar de ouro no pescozo.


A mirra, áloe e acacia recenden os teus vestidos, en pazos de marfil alégrante as arpas.


serán unha graciosa diadema na túa cabeza e un colar no teu pescozo.


Non areles con paixón a súa beleza, que non te escravice coas súas pálpebras,


Que ben feitas as meixelas entre os pendentes, e a gorxa entre os colares!


—Si que es belida, miña amada, si que es belida! Os teus ollos son pombiñas!


Meniñas de Xerusalén, saíde! Vinde ver, nenas de Sión, o rei Salomón coa coroa con que súa nai o coroou no día das súas vodas, día de folgar de corazón!


Que belos os teus amores, cariño, miña noiva! Canto mellores có viño son os teus amores, e a túa fragrancia ca todos os aromas!


Es ti un horto pechado, cariño, miña noiva. Es ti un horto pechado, unha fonte selada.


Non sei o que me pasa pois que me puxo a tremer ela, a filla de xentes nobres.


Torna os ollos de min que me fan arrepiar! Os teus cabelos son fato de cabuxas que baixan serpeando do Galaad.


O teu bicar é un viño xeneroso que corre dereitiño esvarando por labios e por dentes.


Pois velaí o teu Facedor, o teu Creador, Señor Todopoderoso é o seu nome. Certo que o teu Redentor é o Santo de Israel, chámase Deus de toda a terra.


Como casa un mozo cunha virxe, así casará contigo o teu Construtor. O gozo que sente o noivo pola noiva, sentirao o teu Deus por ti.


Engalaneite de xoias: puxen pulseiras nos teus brazos e colares no teu pescozo.


Volvín pasar onda ti e fixeime en ti: Velaí, a túa idade era a idade do namoro; estendín o meu manto sobre ti e cubrín a túa nudez; comprometinme contigo con xuramento, e entrei en alianza contigo —é o meu Señor, Iavé, quen fala— e fuches miña.


O Señor, o teu Deus, está no medio de ti, é un heroe que salva. El salta de alegría por ti, embrúxate co seu amor, dá brincos de alegría por ti.


O que cumpre a vontade do meu Pai celestial, ese é o meu irmán, a miña irmá e mais a miña nai.


A esposa tena o esposo; con todo, o amigo do esposo que está presente e o escoita alégrase de todo corazón coa súa voz. Así é a miña alegría, que agora chega ó seu máximo.


Non temos dereito a levar connosco unha muller irmá, o mesmo cós demais apóstolos e os irmáns do Señor e Pedro?


É que sinto celos de vós, os celos de Deus, pois quíxenvos desposar cun único marido, presentándovos a Cristo coma unha virxe pura.


Tamén vin que a cidade santa, unha Xerusalén nova, baixaba do ceo de onda Deus, preparada coma a esposa que está engalanada para o seu esposo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan