Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Cantares 4:8 - Biblia SEPT

8 Ven do Líbano, noiva! Ven do Líbano, baixa! Deixa o cumio do Amanah, o cimo do Senir e mais o Hermón, as covas dos leóns, o monte das panteras!

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Cantares 4:8
19 Iomraidhean Croise  

Seica non valen máis os ríos de Damasco, o Abanah e o Parpar, ca todas as augas de Israel? Non podo bañarme neles, e así quedar limpo?" E con esas deu volta e íase alporizado.


Media tribo de Menaxés habitaba a rexión desde o Baxán ata Baal—Hermón, Senir e a montaña de Hermón. Eran numerosos.


Fillas de reis tes por amigas, e á túa dereita, a raíña, con ouro de Ofir.


Abundará o trigo nos campos, nos montes ondularán coma no Líbano os froitos, florecerán as vilas coma a herba dos agros.


Do mestre do coro, con instrumentos de corda. Salmo de Asaf, cántiga.


Alí rompe o arco flamexante, o escudo, a espada e as guerras.


Teu é o ceo e túa a terra, o mundo e canto o enche ti o fundaches.


deixade a vosa inxenuidade e viviredes, camiñade pola vía da intelixencia".


o figueiral ten gromos, as vides botan flores recendentes. Érguete e ven, amada, fermosa miña, ven xa!


—Xa veño para o meu horto, cariño, miña noiva; collín xa a miña mirra e o meu bálsamo, comín xa do meu panal o do meu mel, bebín xa do meu viño e do meu leite. Comede, pois, amigos, e bebede ata embebedarvos de agarimos!


—Eu son do meu amigo, e de min a súa arela!


Como casa un mozo cunha virxe, así casará contigo o teu Construtor. O gozo que sente o noivo pola noiva, sentirao o teu Deus por ti.


de cipreses de Senir fixéronche todo o teu casco, colleron un cedro do Líbano para facer o mastro para ti;


Se alguén quere servirme, que me siga; e alí onde estou eu, estará tamén o meu servidor. Se alguén me serve, hao honrar o Pai.


Permíteme que eu poida cruzar para ver esa boa terra que está da outra banda do Xordán, esa boa montaña e o Líbano.


(A xente de Sidón chámalle Sirion ao Hermón, mentres que os amorreos lle chaman Senir).


Estes son os reis do país que venceron os fillos de Israel (ocupando a terra deles), na outra banda do Xordán —no oriente—, desde o torrente Arnón ata o monte Hermón e toda a parte oriental da Arabah:


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan