Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Cantares 4:6 - Biblia SEPT

6 Ata que sopre o día e fuxan as sombras hei subir ó monte da mirra, ata o cume do incenso.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Cantares 4:6
19 Iomraidhean Croise  

Ofrecereiche sacrificios de grosos animais, fume recendente de carneiros, inmolareiche bois e cabritos.


Faime un altar de terra e ofréceme sobre el os holocaustos e os sacrificios de comuñón, as túas ovellas e as túas vacas. En calquera sitio onde eu faga o meu nome memorable, virei onda ti e bendicireite.


e cando as acenda pola tarde. Será incenso perpetuo diante do Señor, polas xeracións.


Despois preparou o óleo da unción santa e o incenso puro de aromas, coma o que fan os perfumistas.


Ata que sopre o día e fuxan as sombras volve, meu amigo, seméllate á gacela ou ó cervo noviño nos montes de Beter.


Que é aquilo que sobe da estepa coma columnas de fume, recendendo a mirra e mais a incenso e a canta especia teña o mercador?


Azafrán, canela e cinamomo, toda madeira de gorentoso fume. O nardo, a mirra, o áloe, coas mellores matas de bálsamo.


Fuxe, meu amigo, e seméllate á gacela ou ó cervo noviño polos montes de bálsamo!


Vede: á fin dos días será creado o monte da Casa do Señor. Vede: será levantado por enriba dos montes e máis cós petoutos, xuntaranse nel todas as xentes.


Certo, desde a saída do sol ata a súa posta é grande o meu Nome entre os pobos, e en todos os lugares arde unha oblación no meu Nome e unha ofrenda pura, porque grande é o meu Nome entre os pobos —fala o Señor dos Exércitos—.


pois pola misericordia entrañable do noso Deus amencerá desde o ceo un sol para nós:


Deste xeito temos confirmación da palabra profética, á que facedes ben en estardes atentos, coma un candil aceso en lugar escuro, ata que alborexe o día e o luceiro da alba naza nos vosos corazóns.


E, con todo, comunícovos un mandamento novo: esta novidade é verdadeira sexa polo que a Xesús toca, sexa polo que vos toca a vós, porque a escuridade vai desaparecendo e brilla xa a luz verdadeira.


Eu, Xesús, mandeivos o meu anxo, para que vos dese testemuño de todo isto que se refire ás igrexas. Eu son o renovo e a descendencia de David, o luceiro brillante da mañá".


Cando o colleu, os catro animais e os vinte e catro anciáns axeonlláronse diante do Año, con cadansúa cítara e con frascos de ouro cheos de perfumes, que son as oracións do pobo santo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan