Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Cantares 4:4 - Biblia SEPT

4 Atalaia davídica é o teu pescozo, ben fornecida de ameas; mil escudos van dela pendurados, todas as adargas dos guerreiros.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Cantares 4:4
15 Iomraidhean Croise  

Montes de Guilboa, nin orballo nin choiva caian enriba de vós, altas mesetas, xa que alí se luxaron os escudos dos heroes, o escudo de Xaúl, non unxido con óleo,


El dá ó seu rei grandes vitorias e mostra o seu amor polo seu unxido, con David e coa súa liñaxe para sempre".


O seu lado traballou Ézer, fillo de Iexúa, xefe de Mispah, nunha segunda porción, a partir do sitio que cae fronte á subida do arsenal, no ángulo.


Que os nosos fillos sexan coma plantas vizosas na súa mocidade, e as nosas fillas coma columnas angulares, talladas para ornato dos pazos.


Que ben feitas as meixelas entre os pendentes, e a gorxa entre os colares!


Os teus peitos son coma dúas crías xemelgas de gacela.


O teu pescozo, cal torre de almafí. Os teus ollos, estanques de Hexbón xunto á porta de Bat-Rabim. É o teu perfil coma a torre do Líbano que vixía Damasco.


Son eu unha muralla, son torres os meus peitos, e fíxenme ós seus ollos coma a que porta a paz.


E ti, Torre do Rabaño, montaña da filla de Sión, a ti virá e entrará a soberanía de antano, a realeza da filla de Xerusalén.


ese despréndese da cabeza que polas xuntas e tendóns alimenta e cohesiona o corpo enteiro, facéndoo coma Deus quere.


grazas á fe que vós tedes, estades protexidos polo poder de Deus en vistas á salvación que está para se manifestar, no intre final.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan