—Si que es belida, miña amada, si que es belida! Os teus ollos son pombiñas por entre o teu veo. Os teus cabelos, un fato de cabuxas que baixan serpeando do monte Galaad;
Cando había palabras túas, eu devorábaas, as túas palabras eran para min unha alegría, e a ledicia do meu corazón; olla que Ti mesmo invocaches o teu Nome sobre min, Señor Deus dos Exércitos.
É tamén por isto polo que lle damos decote grazas a Deus: porque, ó recibirdes de nós a palabra de Deus, acolléstela non coma palabra de homes senón coma o que verdadeiramente é: coma palabra de Deus, que actúa en vós, os crentes.