1 —Si que es belida, miña amada, si que es belida! Os teus ollos son pombiñas por entre o teu veo. Os teus cabelos, un fato de cabuxas que baixan serpeando do monte Galaad;
Miña pomba, nas fendas dos penedos, nos recantos das rochas, faime ver a túa figura, faime oír o teu falar, que é doce esa voz túa, e o teu xeito, lanzal!"
O teu pescozo, cal torre de almafí. Os teus ollos, estanques de Hexbón xunto á porta de Bat-Rabim. É o teu perfil coma a torre do Líbano que vixía Damasco.
Así fala o Señor contra o palacio real de Xudá: —Ti es para min coma Galaad, coma o cume do Líbano; pero olla que te vou converter nun deserto, en cidade deshabitada;
O teu nome correu entre as nacións por mor da túa beleza, co esplendor que eu puxera en ti, tan perfecta era a túa beleza! —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
Pastorea ó teu pobo co teu caxato, o rabaño da túa herdanza, que vive solitario na foresta, no medio dunha fértil camposa. Que pazan en Baxán e Galaad, coma nos días doutros tempos.
Os fillos de Rubén e os fillos de Gad posuían numerosos rabaños, moi importantes, e tras contemplar o país de Iazer e o de Galaad, viron que o lugar era sitio propio para rabaños.
E nós todos, coa cara descuberta, reflectindo coma nun espello a gloria do Señor, a súa imaxe, ímonos transformando de gloria en gloria, pola acción do Espírito do Señor.