3 "Quen queda entre vós, dos que viron este templo co seu esplendor primeiro? Que estades vendo agora daquel esplendor? Non é algo así coma se non existise ós vosos ollos?
David dicía para si: —"O meu fillo Salomón é aínda novo e inexperto, e o templo que se ten que edificar para o Señor ten que ser, pola grandeza, pola magnificencia e pola beleza, coñecido en toda a terra; por iso quero facer os preparativos", e fíxoos abondos antes da súa morte.
Na gabanza e acción de grazas ó Señor, respondían: —"Porque é bo, e a súa fidelidade con Israel é eterna". Todo o pobo con grandes ovacións loaba polo mesmo ó Señor, porque se restauraba de novo o templo do Señor.
Entón moitos sacerdotes, levitas e xefes de familia entre os máis anciáns, os que tiñan visto o templo antano, choraban a gritos, mentres se poñían á súa vista os alicerces deste templo. Pero outros moitos elevaban a voz reloucando de ledicia.
O noso santo e glorioso templo, onde te adoraron os nosos pais, volveuse unha fornalleira de lume, e todas as nosas cousas apreciadas resultaron unha ruína.
Foi precisamente o esplendor das xoias o que converteron en motivo de orgullo, e nelas esculpiron as súas abominables imaxes e mais os seus ídolos; por isto lles converto as xoias en inmundicia.
O esplendor deste segundo templo será maior có do primeiro —fala o Señor dos Exércitos—, e neste santuario eu concederei a fartura" —é o Señor dos Exércitos quen fala—.