Entón Xosué, fillo de Iosadac, púxose en pé cos seus irmáns os sacerdotes; como tamén Zerubabel fillo de Xealtiel, cos seus irmáns, e empezaron a construír o altar do Deus de Israel para ofreceren nel holocaustos, como manda a lei de Moisés, home de Deus.
Entón o gobernador Nehemías, o sacerdote—escriba Esdras e os levitas que explicaban a Lei ó pobo, dixeron a toda a asemblea: —"Este día está consagrado ó Señor, o voso Deus. Polo tanto, cesade no voso pranto e non choredes máis" (pois todo o pobo choraba ó oír as palabras da Lei).
No ano dous do rei Darío, no mes seis, o día primeiro do mes, veu a palabra do Señor por medio do profeta Axeo a Zerubabel, fillo de Xealtiel, gobernador de Xudá, e a Iehoxúa, fillo de Iehosadac, o sumo sacerdote, nestes termos:
Zerubabel, fillo de Xealtiel, o sumo sacerdote Iehoxúa, fillo de Iehosadac, e todo o resto do pobo, fixéronlle caso á voz do Señor, o seu Deus, e ás palabras do profeta Axeo, tal como encomendara o Señor, Deus deles, e o pobo respectou a presenza do Señor.
O Señor espertou o espírito de Zerubabel, fillo de Xealtiel, gobernador de Xudá, e o espírito do sumo sacerdote, Iehoxúa, fillo de Iehosadac, e o espírito do resto do pobo. Puxéronse á obra no templo do Señor dos Exércitos, o seu Deus.