Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 9:4 - Biblia SEPT

4 e díxoselles que non danasen nin a herba dos campos nin verde ningún nin árbore ningunha senón unicamente os homes que non tivesen o selo de Deus na testa.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 9:4
15 Iomraidhean Croise  

e díxolle o Señor: Atravesa a cidade, cruza Xerusalén e pon unha marca na fronte dos homes que fan dó e suspiran por causa de todas as abominacións que se cometen no medio dela.


Logo tiven unha visión. O Año estaba de pé no monte de Sión e con el cento corenta e catro mil, que tiñan escrito nas súas frontes o nome do Año e mais o nome do seu Pai.


Tocou o primeiro e caeu na terra unha sarabiada de lume mesturado con sangue: ardeu a terceira parte da terra e a terceira parte das árbores e toda a herba verde.


E oín algo, coma se fose un berro, no medio dos catro animais, que dicía: "Un cuarto de ferrado de trigo por un denario; e tres cuartos de ferrado de cebada por un denario! Pero ó aceite e ó viño non lles fagas mal".


Os vellos, ós mozos e mozas, ós meniños e ás mulleres, matádeos ata o exterminio; pero non vos arrimedes a ningún home que leve a marca. Comezade polo meu santuario. E eles comezaron cos homes vellos que estaban diante do templo.


O Señor vai pasar ferindo os exipcios. Pero, en vendo o sangue no lintel e nas xambas, pasará diante da porta sen se deter. Non deixará entrar nas vosas casas ó exterminador para ferir.


Non aflixades ó Santo Espírito de Deus, que vos selou para o día da redención.


Pois aparecerán falsos Mesías e falsos profetas, que farán grandes sinais e prodixios para desorientar a xente, e, se fose posible, incluso os mesmos elixidos.


Cando te ergues, Deus, para xulgar, para salvar os oprimidos da terra,


Díxolle Iavé a Satán: —"Ben: fai o que queiras coas súas cousas; soamente non poñas a man nel". Entón saíu Satán de diante de Iavé.


Non será que o tes ti ben cinguido cun valado, el, o seu lar, e canto posúe, e que bendiciches canto fai, e que o seu gando se espalla por toda a campía?


Díxolle Iavé a Satán: —"Aí o tes! Fai o que queiras con el, pero respéctalle a vida!"


Despois disto vin catro anxos que apreixaban, nas catro esquinas da terra, os catro ventos, para que non bourasen contra a terra, nin contra o mar nin contra as árbores.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan