o día da escuridade e dos trebóns, o día de néboa e de escuras nubes, coma o Luceiro da Alba estendido sobre as montañas, forte, enorme e poderoso, coma el non o houbo xamais, e despois del non se volverá contar no sucederse de xeracións en xeracións.
O fume que os atormenta sobe polos séculos dos séculos e os adoradores da besta e mais da súa imaxe e os que reciben a marca do seu nome, non teñen acougo nin de día nin de noite.
Logo tocou o cuarto anxo e tremelicou a terceira parte do sol, a terceira parte da lúa e a terceira parte das estrelas: escureceuse a terceira parte de cada un deles e un terzo do día non alumeou e o mesmo a noite.
E nesta visión os cabalos e os seus cabaleiros aparecían deste xeito: tiñan coirazas da cor do rescaldo, violáceo e marelo de xofre; as cabezas dos cabalos eran coma as cabezas dos leóns e da boca saíalles lume, fumeira e xofre.