Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 8:2 - Biblia SEPT

2 E vin os sete anxos, que están sempre en pé diante do trono de Deus. Déronselles sete trompetas.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 8:2
18 Iomraidhean Croise  

A quen desprezou o día dos pequenos comezos? Que se alegren ó ver a pedra da chumbada na man de Zerubabel. Estes sete bicos son os ollos do Señor que percorren toda a terra".


Coidadiño con desprezar a un destes cativos! Asegúrovos que os seus anxos, no ceo, están sempre contemplando o rostro do meu Pai celestial.


E enviará os seus anxos cunha grande trompeta, para reuniren os elixidos desde os catro ventos, de cabo a cabo do mundo.


O anxo respondeu: Eu son Gabriel, o que estou preto de Deus e mandoume para falar contigo e darche esta boa nova.


Vós vixiade sempre, e pregade para que poidades escapar de todo o que está por vir, e comparecer así seguros diante do Fillo do Home.


nun instante, nun pechar os ollos, ó toque da derradeira trompeta. Pois soará a trompeta e os mortos resucitarán incorruptibles e nós apareceremos transformados.


pois a un sinal de mando, á voz do arcanxo e ó son da trompeta de Deus, o Señor en persoa baixará do ceo: entón os cristiáns defuntos resucitarán primeiro;


Eu, Xoán, deséxovos ás sete igrexas de Asia graza e paz de parte do que é, o que era e o que está a vir, de parte dos sete espíritos que están diante do seu trono;


Logo tocou o sétimo anxo e oíronse uns fortes berros desde o ceo, que dicían: "O reinado do mundo pasou a ser do noso Deus e do seu Mesías! El reinará polos séculos dos séculos".


Logo vin outro grande e admirable sinal no ceo: sete anxos coas sete pragas; as derradeiras, pois a ira de Deus chega con elas ó cabo.


Logo oín un berro que desde o santuario lles dicía ós sete anxos: "Ide e vertede sobre a terra as sete cuncas da ira de Deus!".


E mirei e oín o que berraba con voz potente unha aguia, que estaba voando polo medio do ceo: "Ai, ai, ai dos veciños da terra, por cousa dos outros toques de trompeta, que tres anxos van tocar!"


Entón os sete anxos, que tiñan as sete trompetas, preparáronse para tocar.


Logo tocou o quinto anxo e vin que unha estrela caía do ceo na terra. Déuselle a ela a chave do pozo do abismo;


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan