1 E cando abriu o sétimo selo, houbo, como media hora, un silencio no ceo.
Estaba alí —eu non o coñecía— unha figura diante dos meus ollos; fíxose a calma; entón oín a voz:
Descansa no Señor e espera nel, non te irrites polos que triúnfan e polos que manexan a intriga.
Do mestre do coro, segundo Iedutún. Salmo de David.
O contrario, o Señor está no seu santo templo: Silencio ante a súa presenza, terra toda!
Velaquí que eu movo a miña man contra eles, e serán presa dos seus servos: entón recoñeceredes que o Señor dos Exércitos me mandou".
Eles foron e selaron a lousa, asegurando a vixilancia do sepulcro coa garda.
E vin na dereita do que estaba sentado no trono un libro escrito por fóra e por dentro, pechado con sete selos.
E cantaban un canto novo: "Ti es merecente de recibir o libro, e de abrir os selos, porque te degolaron e adquiriches para Deus co teu sangue xentes de toda raza, lingua, pobo e nación.
E mirei, cando o Año abriu o primeiro dos sete selos e oín que un dos catro animais berraba con voz de trebón: "Ven".
E vin, cando abriu o sexto selo, que houbo un gran terremoto. O sol virou mouro coma un pano de picote e a lúa volveuse en sangue.
E cando abriu o segundo selo, oín que o segundo animal dicía: "Ven".
E cando abriu o terceiro selo, oín que o terceiro animal dicía: "Ven". E mirei e vin un cabalo negro. O seu cabaleiro tiña unha balanza na man.
E cando abriu o cuarto selo, oín a voz do cuarto animal, que dicía "Ven".
E cando abriu o quinto selo, vin baixo o altar as ánimas dos degolados por mor da palabra de Deus, e por gardaren ben o seu testemuño.