As pedras corresponden ós nomes das tribos de Israel, doce pedras por doce nomes. Cada unha levará gravado un nome, coma un selo; e así as doce tribos cos seus nomes.
Así fala o Señor, Deus: —Estas son as marxes, dentro das que vós repartiredes a propiedade da terra entre as doce tribos de Israel: a Xosé tocaranlle dúas partes de terra.
Oráculo. A palabra do Señor está no país de Hadrac, e Damasco é a súa residencia, porque o mesmo Señor contempla a humanidade, o mesmo ca a todas as tribos de Israel,
Xesús respondeu: Asegúrovos que vós, os que me seguistes, cando chegue o mundo novo e o Fillo do Home sente no trono da súa gloria, sentaredes en doce tronos para xulgardes as doce tribos de Israel.
Logo tiven unha visión. O Año estaba de pé no monte de Sión e con el cento corenta e catro mil, que tiñan escrito nas súas frontes o nome do Año e mais o nome do seu Pai.
Cantaban un cántico novo diante do trono e mais diante dos catro animais e dos anciáns. E ninguén podía aprender o seu canto, fóra dos cento corenta e catro mil, os que foran rescatados da terra.