Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 7:3 - Biblia SEPT

3 "Non lles fagades mal á terra nin ó mar nin ás árbores, ata que marquemos co selo na testa os servos do noso Deus!".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 7:3
31 Iomraidhean Croise  

O sangue será o sinal das casas onde vós habitades. En vendo o sangue, pasarei sen me deter, e así, cando eu fira a Exipto, non vos tocará a vós a praga exterminadora.


O Señor vai pasar ferindo os exipcios. Pero, en vendo o sangue no lintel e nas xambas, pasará diante da porta sen se deter. Non deixará entrar nas vosas casas ó exterminador para ferir.


Axotándoos, botándoos fóra, fas o teu xuízo contra eles; espállalos por causa da súa crueldade, nun día de vento leste.


Toda arma que se faga para ir contra ti, non terá éxito, e toda lingua que se levante contra ti no tribunal, ti probarás que é culpable. Este é o quiñón da herdanza dos servos do Señor. Si, a xustiza deles vén de min, —é o Señor quen fala—.


E se aínda queda nel a décima parte, volverá a ser leña para o lume. O mesmo que ó cortar a aciñeira e o carballo se lles deixa o coto, así o coto do pobo será semente santa.


Así fala o Señor: "O mesmo que se atopa mosto no acio, e se di: non o destrúas, que hai bendición dentro del, así farei cos meus servos: non os destruirei a todos.


e díxolle o Señor: Atravesa a cidade, cruza Xerusalén e pon unha marca na fronte dos homes que fan dó e suspiran por causa de todas as abominacións que se cometen no medio dela.


Os vellos, ós mozos e mozas, ós meniños e ás mulleres, matádeos ata o exterminio; pero non vos arrimedes a ningún home que leve a marca. Comezade polo meu santuario. E eles comezaron cos homes vellos que estaban diante do templo.


Buscade o Señor, todos os pobres do país, que cumpristes os seus decretos, buscade a xustiza, buscade a humildade. Quizais poidades escondervos no día da ira do Señor.


Entón veredes de novo a diferenza entre o xusto e o malvado, entre quen serve ó Señor e quen non o serve.


E, de non se abreviaren aqueles días, ninguén sairía con vida; pero por mor dos elixidos han ser abreviados.


E enviará os seus anxos cunha grande trompeta, para reuniren os elixidos desde os catro ventos, de cabo a cabo do mundo.


Se alguén quere servirme, que me siga; e alí onde estou eu, estará tamén o meu servidor. Se alguén me serve, hao honrar o Pai.


Quen acepta o seu testemuño, confirma que Deus é verdadeiro.


Agora, en troques, liberados do pecado e feitos escravos de Deus, tedes coma froito a santidade e coma fin a vida eterna.


A todos, grandes e pequenos, ricos e pobres, libres e servos, ponlles unha marca na man dereita ou na testa


e ninguén pode mercar ou vender, se non ten a marca, o nome da besta ou o número do seu nome.


Logo tiven unha visión. O Año estaba de pé no monte de Sión e con el cento corenta e catro mil, que tiñan escrito nas súas frontes o nome do Año e mais o nome do seu Pai.


E outro anxo, o terceiro, viña detrás deles, dicindo a berros: "Se alguén adora a besta ou a súa imaxe e recibe o sinal dela na súa fronte ou na súa man,


porque verdadeiras e xustas son as súas sentencias. El condenou a gran Prostituta, que coa súa prostitución corrompeu o mundo, El vingou o sangue dos seus servos, que ela tiña no seu poder".


Logo vin uns tronos. Os que sentaban neles déuselles o poder de xulgar. Vin tamén as ánimas dos degolados por mor do testemuño de Xesús e da palabra de Deus e mais as dos que non se prostraron para adorar a besta nin a súa imaxe nin recibiron a marca da besta na súa fronte nin nas súas mans. Estes volveron vivir e comezaron a reinar con Cristo mil anos.


Verano cara a cara e levarán o seu nome escrito na fronte.


E oín algo, coma se fose un berro, no medio dos catro animais, que dicía: "Un cuarto de ferrado de trigo por un denario; e tres cuartos de ferrado de cebada por un denario! Pero ó aceite e ó viño non lles fagas mal".


Despois disto vin catro anxos que apreixaban, nas catro esquinas da terra, os catro ventos, para que non bourasen contra a terra, nin contra o mar nin contra as árbores.


E vin outro anxo máis, que tiña o selo do Deus vivente, subir desde o nacente. Dicíalles a berros ós catro anxos, a quen se lles deu poder de danar a terra e o mar:


e díxoselles que non danasen nin a herba dos campos nin verde ningún nin árbore ningunha senón unicamente os homes que non tivesen o selo de Deus na testa.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan