Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 7:2 - Biblia SEPT

2 E vin outro anxo máis, que tiña o selo do Deus vivente, subir desde o nacente. Dicíalles a berros ós catro anxos, a quen se lles deu poder de danar a terra e o mar:

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 7:2
29 Iomraidhean Croise  

Quizais o Señor, o teu Deus, escoitou as palabras do copeiro maior, a quen o seu amo, o rei de Asiria, mandou para aldraxar o Deus vivo, e quizais o castigue o Señor, teu Deus, polas palabras que escoitou. Ti reza por este resto que queda aínda".


Márcame coma un selo no corazón, coma un selo no teu brazo! Pois é rexo coma a morte o Amor, duros coma o Xeol son os celos; son os seus lóstregos coruscar de lume, divina labarada.


Quen suscita do oriente un xusto? Quen o chamará ante o seu trono? Quen lle pon diante os pobos? Quen lle somete os reis? Quen fixo as súas espadas numerosas coma o po e os seus arcos coma palla esparexida?


e díxolle o Señor: Atravesa a cidade, cruza Xerusalén e pon unha marca na fronte dos homes que fan dó e suspiran por causa de todas as abominacións que se cometen no medio dela.


Velaí: eu envío o meu mensaxeiro, para que limpe o camiño diante de min. Nun momento entrará no seu santuario o Señor a quen vós estades buscando, o mensaxeiro da Alianza, a quen vos lle tendes amor: vede que chega —fala o Señor dos Exércitos—.


Respondeu Simón Pedro: Ti es o Mesías, o Fillo do Deus vivo.


Pero Xesús calaba, e o sumo sacerdote dixo: Conxúrote polo Deus vivo que me digas se ti es o Mesías, o Fillo de Deus.


Traballade non polo pan que se acaba, senón polo que dura deica a vida eterna, o que vos dará o Fillo do Home: pois el é a quen o Pai Deus marcou co seu selo.


que tamén nos marcou co seu selo e infundiu nos nosos corazóns a garantía do seu Espírito.


Vós tamén, despois de escoitardes a mensaxe da verdade, o Evanxeo da vosa salvación, e crerdes nel, quedastes selados co Espírito Santo prometido,


Non aflixades ó Santo Espírito de Deus, que vos selou para o día da redención.


pois un que sexa todo el carne e que escoite a voz do Deus vivo falándolle desde o medio do lume, como poderá seguir vivo?


Eles mesmos contan cal foi a acollida que nos destes e como vos convertestes dos ídolos para servir o Deus vivo e verdadeiro,


Con todo, os cimentos sólidos de Deus mantéñense rexos, e teñen o selo seguinte: O Señor coñece ós que son del; e: "afástese da inxustiza todo o que invoca o nome do Señor".


Vós, en cambio, estades diante do monte Sión, da cidade do Deus vivo, da Xerusalén celeste; diante de milleiros de anxos, da asemblea


Benia quen lea e quen escoite esta profecía e faga caso do que nela queda escrito, porque está no seu cumprimento.


E vin que outro anxo forte baixaba do ceo, envolto nunha nube co arco iris sobre a súa cabeza; o aspecto da súa cara era coma o sol e as pernas coma columnas luminosas.


Despois de falaren os sete tronos estaba eu para escribir, pero oín que unha voz desde o ceo me dicía: "Garda en segredo o que falaron os sete tronos e non o escribas".


Logo, o sexto, verteu a súa cunca no gran río, o Éufrates, e comezou a estiñar a auga para axeitarlles así o camiño ós reis do Nacente.


E vin un anxo forte, que clamaba con gran voz: "Quen pode abrir o libro e desenlear os seus selos?"


Chegou outro anxo cun incensario de ouro. Púxose ó pé do altar e déuselle moito incenso, para que o ofrecese no altar de ouro, que está diante do trono, coas oracións de todo o pobo santo.


Dicíalle ó sexto anxo, que tiña a trompeta: "solta os catro anxos, que están presos onda o gran río, o Éufrates".


e díxoselles que non danasen nin a herba dos campos nin verde ningún nin árbore ningunha senón unicamente os homes que non tivesen o selo de Deus na testa.


David preguntoulles ós homes que estaban alí onda el: —"Que lle darán a quen mate a ese filisteo e tire esa aldraxe de Israel? E quen é ese filisteo incircunciso, que ousa insultar as hostes do Deus vivo?"


O teu servo ten matado tanto leóns coma osos. Ese filisteo incircunciso será coma outro deles, por desafiar as hostes do Deus vivo".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan