1 Despois disto vin catro anxos que apreixaban, nas catro esquinas da terra, os catro ventos, para que non bourasen contra a terra, nin contra o mar nin contra as árbores.
vou traer contra Elam os catro ventos dos catro cantos do ceo: dispersareinos con todos os ventos, e xa non existirá máis este pobo, porque non volverá máis alí, desterrado para sempre.
Logo díxome: —Pronúncialle un oráculo ó espírito, pronúnciao, fillo de Adam, e dille ó espírito: Así fala o meu Señor, Iavé: —Desde os catro ventos, vén, espírito, e sopra nestes cadáveres, para que revivan.
e sairá para engaiolar os xentís das catro esquinas do mundo, a Gog e a Magog, para os xuntar para a guerra. O número destes é coma o das areas do mar.
E oín algo, coma se fose un berro, no medio dos catro animais, que dicía: "Un cuarto de ferrado de trigo por un denario; e tres cuartos de ferrado de cebada por un denario! Pero ó aceite e ó viño non lles fagas mal".
Tocou o primeiro e caeu na terra unha sarabiada de lume mesturado con sangue: ardeu a terceira parte da terra e a terceira parte das árbores e toda a herba verde.
e díxoselles que non danasen nin a herba dos campos nin verde ningún nin árbore ningunha senón unicamente os homes que non tivesen o selo de Deus na testa.