Entón a visión de todo será para vós coma palabras dun rolo selado: cando llo dan a un que sabe ler, dicíndolle: "Olla, le isto", el di: "Non son capaz, está selado";
Buscade no libro do Señor e lede: "Ningún deles se perderá, cada un mirará polo seu compañeiro". Si, ordenouno a boca do Señor, e o seu espírito xuntounos.
E oín que todas as criaturas que están no ceo e na terra e debaixo da terra e enriba do mar e todas as cousas que hai nelas, proclamaban: "Para quen está sentado no trono e para o Año: a bendición, a honra, a gloria e o poder polos séculos dos séculos".