Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 4:8 - Biblia SEPT

8 E cada un destes catro animais tiña seis ás, cheas de ollos en todo o arredor e por fóra. Non tiñan acougo nin de día nin de noite, proclamando: "Santo, Santo, Santo, Señor Deus, que todo o sostén, o que era, o que é e o que está a vir".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 4:8
42 Iomraidhean Croise  

Abram tiña noventa e nove anos, cando se lle apareceu o Señor para lle dicir: —"Eu son o Deus Xadai. Camiña de acordo comigo e se perfecto.


O que habita ó agarimo do Altísimo e mora á sombra do Omnipotente,


Quen hai coma ti, Señor, entre os deuses, quen coma ti, excelso en santidade, terrible polas túas obras, facedor de milagres?


Deus respondeulle a Moisés: —"EU SON O QUE SON". E engadiu: —"Diraslles así ós israelitas: EU SON mándame onda vós".


Gritade triunfantes: "Está preto o día do Señor! Xa chega a devastación do Deus Devastador!".


Por Sión non quedarei en silencio, e por Xerusalén non ficarei quedo, ata que a súa xustiza saia como un resplandor e a súa salvación alume coma unha lámpada.


Velaí as súas lamias: eran sublimes e impresionantes! Pois as catro lamias estaban cheas de resplandor por todo arredor.


Tamén baixaba a figura de catro seres viventes. O seu aspecto era este: tiñan semellanza de homes;


cada un deles tiña catro caras e catro ás;


Todo o seu corpo e as súas costas, as súas mans e as súas ás e mais as rodas estaban cheas de resplandores ó arredor, nas catro caras das súas rodas.


Ai dese día! Si, xa está preto o día do Señor, chega coma a ruína que vén do Omnipotente.


Por iso, vixiade, lembrándovos que, por tres anos, día e noite, non parei de vos aconsellar con bágoas a cada un de vós.


Serei un pai para vós e vós seredes para min fillos e fillas, di o Señor que todo o sostén.


Acordaravos, irmáns, o noso esforzo e fatiga: traballando noite e día, por non sermos unha carga para ningún de vós. Así foi como vos predicamos o Evanxeo de Deus.


Preocúpate de ti e da doutrina; mantente en todo iso, que, facéndoo, te salvarás ti e salvarás os que che fagan caso.


pregoa a palabra, insiste a tempo e a destempo, corrixe, reprende, aconsella con toda a paciencia que require a doutrina.


Xesús Cristo é o mesmo onte e hoxe e será o mesmo sempre.


Eu, Xoán, deséxovos ás sete igrexas de Asia graza e paz de parte do que é, o que era e o que está a vir, de parte dos sete espíritos que están diante do seu trono;


Eu son o Alfa e o Omega, di o Señor Deus, o que é, o que era e o que está a vir, o que todo o sostén.


dicindo: "Dámosche grazas a ti, Señor, Deus que todo o sostén, que es e que eras por asumires o teu grande poder, e comezares a reinar.


O fume que os atormenta sobe polos séculos dos séculos e os adoradores da besta e mais da súa imaxe e os que reciben a marca do seu nome, non teñen acougo nin de día nin de noite.


Cantaban un cántico novo diante do trono e mais diante dos catro animais e dos anciáns. E ninguén podía aprender o seu canto, fóra dos cento corenta e catro mil, os que foran rescatados da terra.


Cantaban a cántiga do servo de Deus, Moisés, e a cántiga do Año, dicindo: "Grandes e admirables son as túas obras, Señor Deus, que todo o sostés; xusto e fiel é o teu comportamento, Rei das nacións.


E unha das catro bestas deulles ós sete anxos sete cuncas de ouro cheas da ira do Deus que vive polos séculos dos séculos.


son os espíritos dos demos que fan prodixios e van onda os reis de toda a terra, para xuntalos para a guerra do día grande do Deus que todo o sostén.


Entón oín que desde o altar dicían: "Si, Señor Deus, que todo o sostés, verdadeiras e xustas son as túas sentencias".


Da boca sáelle unha espada ben afiada, para ferir con ela os xentís: ha de os rexer cun caxato de ferro e pisa a moxega do viño rabioso da ira de Deus, que todo o sostén.


Entón os vinte e catro anciáns e os catro animais prostráronse para adoraren a Deus, que se sentaba no trono, e dicían: "Amén! Aleluia!"


Nela non vin santuario ningún, porque o seu santuario é o Señor Deus, que todo o sostén, e mais o Año.


Ó anxo da Igrexa de Filadelfia escríbelle: Isto di o Santo, o Verdadeiro, quen ten a chave de David, quen, se el abre, ninguén pecha, e, se el pecha, ninguén abre:


Arredor do trono vin vinte e catro tronos e, sentados nos tronos, vinte e catro anciáns, vestidos de roupas brancas e coroas de ouro nas súas cabezas.


Había diante do trono coma un mar transparente, semellante ó cristal. E diante do trono e arredor do trono, catro animais, cheos de ollos por diante e por detrás.


E cada vez que lle daban gloria, honra e grazas a quen está sentado no trono, que vive polos séculos dos séculos,


E vin no medio do trono e dos catro animais e diante dos anciáns, un Año en pé, coma se estivese degolado, con sete cornos e sete ollos, que son os sete espíritos de Deus, mandados a toda a terra.


E mirei, cando o Año abriu o primeiro dos sete selos e oín que un dos catro animais berraba con voz de trebón: "Ven".


E oín algo, coma se fose un berro, no medio dos catro animais, que dicía: "Un cuarto de ferrado de trigo por un denario; e tres cuartos de ferrado de cebada por un denario! Pero ó aceite e ó viño non lles fagas mal".


Todos os anxos que estaban en pé arredor do trono, dos anciáns, e dos catro animais, prostráronse diante do trono para adoraren a Deus.


Por iso están diante do trono de Deus, e adórano día e noite no seu santuario. E quen está sentado no trono chantará a súa tenda cabo deles.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan