7 O primeiro animal, igual ca un león; o segundo, semellante a un xato; o terceiro, tiña a cara coma de home; e o cuarto, semellante a unha aguia voando.
A forma das súas ás era a de caras de home e de caras de leóns, á dereita dos catro; de caras de touros, vistas desde a esquerda dos catro; e de caras de aguias, os catro.
Cada un tiña catro caras; as primeiras caras eran caras de querubín, as segundas eran caras de home, as terceiras eran caras de león, e as cuartas de aguia,
Velaquí un pobo que se levanta coma unha leoa, e se ergue coma un león; non se deitará ata que dea devorado a presa e o sangue das súas vítimas dea bebido".
Había diante do trono coma un mar transparente, semellante ó cristal. E diante do trono e arredor do trono, catro animais, cheos de ollos por diante e por detrás.