Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 4:6 - Biblia SEPT

6 Había diante do trono coma un mar transparente, semellante ó cristal. E diante do trono e arredor do trono, catro animais, cheos de ollos por diante e por detrás.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 4:6
25 Iomraidhean Croise  

Fixo despois Hiram o Mar de Bronce, un depósito redondo, de cinco metros de diámetro, de dous e medio de alto e de quince de circunferencia, medidos coa corda.


Non a igualan nin o ouro nin o vidro, nin se troca por ánforas douradas;


Fixo a pía de bronce, coa base tamén de bronce, cos espellos das mulleres que servían á entrada da Tenda do Encontro.


Todo o seu corpo e as súas costas, as súas mans e as súas ás e mais as rodas estaban cheas de resplandores ó arredor, nas catro caras das súas rodas.


Cada un tiña catro caras; as primeiras caras eran caras de querubín, as segundas eran caras de home, as terceiras eran caras de león, e as cuartas de aguia,


Cantaban un cántico novo diante do trono e mais diante dos catro animais e dos anciáns. E ninguén podía aprender o seu canto, fóra dos cento corenta e catro mil, os que foran rescatados da terra.


Despois vin coma un mar de cristal mesturado con lume e os que saíron con ben da loita coa besta, coa súa imaxe e co número do seu nome, vinos de pé enriba do mar de cristal, con cítaras para o canto de Deus.


E unha das catro bestas deulles ós sete anxos sete cuncas de ouro cheas da ira do Deus que vive polos séculos dos séculos.


Entón os vinte e catro anciáns e os catro animais prostráronse para adoraren a Deus, que se sentaba no trono, e dicían: "Amén! Aleluia!"


tiña a gloria do mesmo Deus. O seu resplandor imitaba o dunha pedra moi preciosa, unha pedra cristalina de xaspe.


O material do muro era xaspe e o material da cidade era ouro puro, semellante ó cristal purísimo.


As doce portas eran doce perlas, cada unha das portas era dunha soa perla. A praza da cidade era de ouro, puro coma cristal relucente.


Daquela mostroume un río de auga vivificadora, clara coma un cristal, que saía do trono de Deus e do Año.


Arredor do trono vin vinte e catro tronos e, sentados nos tronos, vinte e catro anciáns, vestidos de roupas brancas e coroas de ouro nas súas cabezas.


E vin e oín a voz de moitos anxos arredor do trono e dos animais e dos anciáns: o número deles era de milleiros e milleiros.


E os catro animais dicían: "Amén" e os anciáns caeron en adoración.


E vin no medio do trono e dos catro animais e diante dos anciáns, un Año en pé, coma se estivese degolado, con sete cornos e sete ollos, que son os sete espíritos de Deus, mandados a toda a terra.


Cando o colleu, os catro animais e os vinte e catro anciáns axeonlláronse diante do Año, con cadansúa cítara e con frascos de ouro cheos de perfumes, que son as oracións do pobo santo.


E mirei, cando o Año abriu o primeiro dos sete selos e oín que un dos catro animais berraba con voz de trebón: "Ven".


E oín algo, coma se fose un berro, no medio dos catro animais, que dicía: "Un cuarto de ferrado de trigo por un denario; e tres cuartos de ferrado de cebada por un denario! Pero ó aceite e ó viño non lles fagas mal".


Todos os anxos que estaban en pé arredor do trono, dos anciáns, e dos catro animais, prostráronse diante do trono para adoraren a Deus.


Porque o Año, que está no medio do trono, será o seu pastor, levaraos ás fontes de auga e Deus enxugará dos seus ollos toda bágoa".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan