Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 4:5 - Biblia SEPT

5 Do trono saían lóstregos, berros e trebóns. Sete fachos de lume ardían diante do trono, que son os sete espíritos de Deus.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 4:5
24 Iomraidhean Croise  

Despois díxolle o Señor: —"Eu son o Señor, que te sacou de Ur dos Caldeos, para che dar en herdo esta terra".


os candelabros coas súas lámpadas de ouro fino, para que ardesen, segundo o rito, diante do santuario;


Recoñecédelle a Deus o poder a súa maxestade brilla en Israel, e sobre as nubes o seu poder.


O amañecer do terceiro día houbo trebóns e lóstregos, e unha nube mesta cubría a montaña. A trompeta soou moi forte e o pobo no campamento arrepiaba co medo.


O pobo enteiro percibía os tronos, os lóstregos, o soar da trompeta e o fumegar do monte. A vista diso tremía e mantíñase lonxe.


Despois farás sete lámpadas e poralas no candelabro, para que alumen cara adiante.


Fixo tamén sete lámpadas, coas súas pinzas e cos seus cinseiros, todo de ouro puro.


Velaí a forma dos seres viventes: o aspecto deles era coma o de carbóns ardendo en labarada; coma unha luminaria que se movía; a visión relucía por mor da labarada, e da labarada saían lóstregos.


E díxome: "Que ves ti?" Contesteille: "Tiven unha visión, e velaí un candelabro todo el de ouro coa aceiteira na súa cima e sete lámpadas nel, e sete bicos nas lámpadas que tiña na súa cima.


Entón o Reino dos Ceos parecerase a dez mociñas que, collendo os seus candís, saíron recibir o noivo.


Eu bautízovos con auga para que vos convertades. Pero o que vén detrás miña é máis forte ca min, e nin tan sequera son digno de lle levar as sandalias. El havos bautizar co Espírito Santo e con lume.


e apareceron talmente coma linguas de lume, que, repartidas, foron pousando unha sobre cada un deles.


Eu, Xoán, deséxovos ás sete igrexas de Asia graza e paz de parte do que é, o que era e o que está a vir, de parte dos sete espíritos que están diante do seu trono;


Berrou con toda a forza, coma o brado do león; e, en berrando, falaron os sete tronos coas súas propias voces.


E abriuse o santuario celeste de Deus e apareceu a arca da súa alianza no seu santuario. Entón houbo lóstregos, berros, tronos, un terremoto e unha grande sarabiada.


Ó anxo da Igrexa de Sardes escríbelle: Isto di quen ten os sete espíritos de Deus e as sete estrelas: coñezo as túas obras: tes sona de estar vivo, pero estás morto.


E vin no medio do trono e dos catro animais e diante dos anciáns, un Año en pé, coma se estivese degolado, con sete cornos e sete ollos, que son os sete espíritos de Deus, mandados a toda a terra.


Colleu o anxo o incensario, encheuno co rescaldo do altar e botouno na terra: houbo lóstregos, berros, tronos e un terremoto.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan