Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 4:4 - Biblia SEPT

4 Arredor do trono vin vinte e catro tronos e, sentados nos tronos, vinte e catro anciáns, vestidos de roupas brancas e coroas de ouro nas súas cabezas.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 4:4
24 Iomraidhean Croise  

Ti outórgaslle o que arela o seu corazón, non lle negas o que piden os seus labios.


Xesús respondeu: Asegúrovos que vós, os que me seguistes, cando chegue o mundo novo e o Fillo do Home sente no trono da súa gloria, sentaredes en doce tronos para xulgardes as doce tribos de Israel.


para que, cando eu sexa rei, comades e bebades na miña mesa, e sentedes en tronos para xulgar as doce tribos de Israel.


O que me resta é a coroa da xustiza que me está reservada. E o Señor, que é xuíz xusto, hama entregar aquel Día. E non só a min senón a tódolos que arelan a súa Vinda gloriosa.


E os vinte e catro anciáns, os que sentan diante de Deus nos seus tronos, prostráronse para adorar a Deus,


Cantaban un cántico novo diante do trono e mais diante dos catro animais e dos anciáns. E ninguén podía aprender o seu canto, fóra dos cento corenta e catro mil, os que foran rescatados da terra.


Os exércitos celestes, vestidos de ben curado liño branco, van tras el en cabalos brancos.


Entón os vinte e catro anciáns e os catro animais prostráronse para adoraren a Deus, que se sentaba no trono, e dicían: "Amén! Aleluia!"


Non teñas medo ningún do que vas sufrir. Ollade que Satán vos ha meter a algúns de vós no cárcere, para vos poñer á proba e teredes sufrimento dez días. Pero mantente fiel ata a morte e dareiche a coroa da vida.


Logo vin uns tronos. Os que sentaban neles déuselles o poder de xulgar. Vin tamén as ánimas dos degolados por mor do testemuño de Xesús e da palabra de Deus e mais as dos que non se prostraron para adorar a besta nin a súa imaxe nin recibiron a marca da besta na súa fronte nin nas súas mans. Estes volveron vivir e comezaron a reinar con Cristo mil anos.


Aconsélloche que merques ouro do meu, que se acaba de aquilatar no lume, para te poñeres rico; e que merques roupa branca, para vestires ben e para que non se vexa a vergonza da túa nudez; e que merques colirio para untar os teus ollos e así poderes ver.


os vinte e catro anciáns axeonllábanse ante o que está sentado no trono e adoraban o que vive polos séculos dos séculos e botaban diante do trono as súas coroas, dicindo ó mesmo tempo:


Había diante do trono coma un mar transparente, semellante ó cristal. E diante do trono e arredor do trono, catro animais, cheos de ollos por diante e por detrás.


E vin e oín a voz de moitos anxos arredor do trono e dos animais e dos anciáns: o número deles era de milleiros e milleiros.


E os catro animais dicían: "Amén" e os anciáns caeron en adoración.


E vin no medio do trono e dos catro animais e diante dos anciáns, un Año en pé, coma se estivese degolado, con sete cornos e sete ollos, que son os sete espíritos de Deus, mandados a toda a terra.


Cando o colleu, os catro animais e os vinte e catro anciáns axeonlláronse diante do Año, con cadansúa cítara e con frascos de ouro cheos de perfumes, que son as oracións do pobo santo.


Déuselles cadanseu vestido branco e díxoselles que parasen unha miga, ata que se completase o número dos seus compañeiros e irmáns, que os ían matar axiña como os mataran a eles.


Todos os anxos que estaban en pé arredor do trono, dos anciáns, e dos catro animais, prostráronse diante do trono para adoraren a Deus.


Despois disto mirei e vin un mundo de xente, que ninguén era capaz de contar, de todas as nacións, tribos, pobos e linguas, en pé diante do trono e do Año. Vestían roupa branca e levaban ramallos de palma nas mans.


Os saltóns semellaban cabalos aparellados para a guerra: tiñan nas cabezas coma unhas coroas que parecían de ouro e as caras coma as caras dos homes;


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan