Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 4:2 - Biblia SEPT

2 Axiña caín en arroubo. E velaquí un trono posto no ceo e un sentado no trono.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 4:2
28 Iomraidhean Croise  

Miqueas dixo aínda: —"Agora escoita a palabra do Señor. Vin o Señor sentado no seu trono, e todo o exército do ceo onda el, á súa dereita e á súa esquerda.


O Señor desde o seu santuario, o Señor desde a súa sede no ceo, axexa cos seus ollos ós homes, escrútaos coas súas pupilas.


O ano da morte do rei Ozías, vin o Señor sentado nun trono alto e levantado. A orla do seu manto enchía o santuario.


O trono da gloria é a montaña primordial, o sitio do noso santuario.


No alto da plataforma que estaba sobre as súas cabezas, velaí a visión dunha pedra de zafiro da forma dun trono e sobre esta especie de trono sobresaía cara arriba unha figura co aspecto dun home.


Coma o aspecto do arco que hai nas nubes un día de chuvia, así era o aspecto e resplandor que había ó arredor. Era o aspecto da forma da gloria de Iavé. O ollala, caín rostro en terra e oín unha voz que falaba.


Entón tiven unha visión: enriba da plataforma que estaba sobre a cabeza dos querubíns había coma unha pedra de zafiro, cun aspecto parecido ó dun trono, que se vía por enriba deles.


El replicoulles: Como é logo que David, movido polo Espírito, o chama Señor, dicindo:


Isto é o máis importante de todo o que imos dicindo: que temos un Sumo Sacerdote de tal categoría que tomou posesión do seu trono no ceo á dereita do trono da Maxestade,


Caín en arroubo o día do Señor e oín detrás miña un berro forte, coma dunha trompeta,


Tivo un fillo varón; aquel que cun caxato de ferro ha rexer a todas as nacións. Pero Deus arrebatou o filliño da muller onda si, ó seu trono.


Logo arrebatoume en arroubo ó deserto e vin unha muller montada nunha besta vermella, chea de nomes blasfemos, que tiña sete cabezas e dez cornos.


Entón os vinte e catro anciáns e os catro animais prostráronse para adoraren a Deus, que se sentaba no trono, e dicían: "Amén! Aleluia!"


Logo vin un gran trono branco e vin quen estaba nel sentado: da súa presenza fuxiron o ceo e a terra e deles non quedou nin rastro.


Levoume en espírito á cima dun monte moi grande e alto e amosoume a cidade santa, Xerusalén, que baixaba do ceo de onda Deus;


O que estaba sentado no trono dixo: "Vede que volvo novas todas as cousas". E mandóuseme: "Escribe, porque estas palabras merecen fe e din a verdade".


O vencedor outorgareille sentar onda min no meu trono, do mesmo xeito que tamén eu vencín e sentei cabo do meu Pai no seu trono.


os vinte e catro anciáns axeonllábanse ante o que está sentado no trono e adoraban o que vive polos séculos dos séculos e botaban diante do trono as súas coroas, dicindo ó mesmo tempo:


Do trono saían lóstregos, berros e trebóns. Sete fachos de lume ardían diante do trono, que son os sete espíritos de Deus.


E cada vez que lle daban gloria, honra e grazas a quen está sentado no trono, que vive polos séculos dos séculos,


E vin na dereita do que estaba sentado no trono un libro escrito por fóra e por dentro, pechado con sete selos.


E oín que todas as criaturas que están no ceo e na terra e debaixo da terra e enriba do mar e todas as cousas que hai nelas, proclamaban: "Para quen está sentado no trono e para o Año: a bendición, a honra, a gloria e o poder polos séculos dos séculos".


E dicíanlles ós montes e ós penedos: "Caede enriba de nós e ocultádenos da presenza do que está sentado no trono e da ira do Año!


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan