Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 4:10 - Biblia SEPT

10 os vinte e catro anciáns axeonllábanse ante o que está sentado no trono e adoraban o que vive polos séculos dos séculos e botaban diante do trono as súas coroas, dicindo ó mesmo tempo:

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 4:10
28 Iomraidhean Croise  

Logo dixo David a toda a asemblea: —"Bendicide agora a Iavé, o voso Deus"; e toda a asemblea bendiciu ó Señor, Deus de seus pais, e, prostrándose, oraron ante o Señor perante o rei.


Os israelitas, ó veren que o lume e a gloria do Señor baixaban ó templo, prostráronse rostro en terra sobre o pavimento e adoraron e deron grazas ó Señor, porque é bo, porque é eterna a súa misericordia.


Daquela ergueuse Xob, rachou o manto, rapou a cabeza, e botándose por terra, prosternouse dicindo:


Non a nós, Señor, non a nós, senón ó teu nome dálle a gloria, polo teu amor e a túa fidelidade.


Deus é o rei de toda a terra: cantádelle con xeito.


Postraranse ante el todos os reis da terra, servirano todas as nacións.


Vide, adorémolo prostrados, axeonllémonos ante o Señor, que nos creou.


O ano da morte do rei Ozías, vin o Señor sentado nun trono alto e levantado. A orla do seu manto enchía o santuario.


E cando entraron na casa atoparon o neno con María, súa nai. Prostráronse e rendéronlle homenaxe; logo, abrindo os seus tesouros, ofrecéronlle coma regalo ouro, incenso e mirra.


Eles, despois de se prostraren ante el, volveron para Xerusalén cheos de alegría.


pero pola graza de Deus son o que son, e esa graza que fixo comigo non ficou baleira. O contrario, traballei máis ca todos eles; aínda que non precisamente eu, senón a graza de Deus que está comigo.


Si, levantarei a miña man ao ceo e direi: Pola miña vida, así será para sempre!


e xurou por aquel que vive polos séculos dos séculos, que creou o ceo e canto hai nel, a terra e canto hai nela, o mar e canto hai nel: "xa non haberá máis demora!;


E os vinte e catro anciáns, os que sentan diante de Deus nos seus tronos, prostráronse para adorar a Deus,


Quen non respectará e glorificará o teu nome, Señor? Porque só ti es santo. Todas as nacións virán e adorarante prostradas perante Ti, porque os teus xustos xuízos quedaron ben á vista".


E unha das catro bestas deulles ós sete anxos sete cuncas de ouro cheas da ira do Deus que vive polos séculos dos séculos.


Entón os vinte e catro anciáns e os catro animais prostráronse para adoraren a Deus, que se sentaba no trono, e dicían: "Amén! Aleluia!"


Axiña caín en arroubo. E velaquí un trono posto no ceo e un sentado no trono.


Arredor do trono vin vinte e catro tronos e, sentados nos tronos, vinte e catro anciáns, vestidos de roupas brancas e coroas de ouro nas súas cabezas.


E cada vez que lle daban gloria, honra e grazas a quen está sentado no trono, que vive polos séculos dos séculos,


E os catro animais dicían: "Amén" e os anciáns caeron en adoración.


Cando o colleu, os catro animais e os vinte e catro anciáns axeonlláronse diante do Año, con cadansúa cítara e con frascos de ouro cheos de perfumes, que son as oracións do pobo santo.


Todos os anxos que estaban en pé arredor do trono, dos anciáns, e dos catro animais, prostráronse diante do trono para adoraren a Deus.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan