9 Vas ver que che vou entregar algúns da sinagoga de Satán, dos que din que son xudeus pero que non o son, porque menten. Vas ver que os vou facer poñerse ós teus pés e recoñecerán que eu te amo.
Entón estes teus ministros acudirán onda min e, prostrándose, pediranme: Sae de onda nós ti e todo este pobo que te segue. E entón eu sairei". E Moisés foise anoxado de onda o faraón.
Porque ti fuches ben querido ós meus ollos; fuches glorificado, o meu predilecto; e por isto, farei que a humanidade expíe no teu lugar; e que os pobos paguen pola túa vida.
Así fala o Señor: "A man de obra de Exipto, os traficantes de Cux, os sebaís, homes de grande estatura, virán onda ti e serán teus, camiñarán detrás de ti con cadeas, virán prostarse ante ti e confesarán: Soamente contigo está Deus e non hai outro; non hai máis deuses".
Entón reis serán os teus titores; e as súas princesas, as túas amas de cría. Diante de ti prostrarán o rostro na terra, e lamberán o po dos teus pés. Entón recoñecerás que eu son o Señor, porque non se avergonzarán os que esperan en min.
Virán prostarse ante ti os fillos dos que te oprimiron, e prostaranse ante a planta dos teus pés todos os que te desprezaron, e chamaranche "Cidade do Señor", "Sión do Santo de Israel".
Eu neles e ti en min, para que cheguen á perfecta unidade, de xeito que o mundo recoñeza que ti me mandaches e que os amaches a eles, como me amaches a min.
Coñezo o teu sufrimento e a túa pobreza —aínda que es rico e a maledicencia contra ti dos que se teñen por xudeus sen seren xudeus pero que si son sinagoga de Satán.
Os que sobrevivan da túa familia iranse postrar diante del, por unha moeda de prata e un anaco de pan, e pediranlle: emprégame en calquera función sacerdotal, para ter algo que comer".