8 coñezo as túas obras olla que te puxen diante dunha porta ben aberta, que ninguén pode pechar; coñezo que tes pouca forza, e mesmo así, cumpriches a miña palabra e non me negaches.
Lembrádevos da palabra que vos dixen: non hai servo maior có seu señor; se a min me perseguiron, hanvos perseguir tamén a vós; se gardaron a miña palabra, tamén gardarán a vosa.
Pois á disimulada metéronse algunhas persoas impías, xa de vello apuntadas para esta condenación, que converten en libertinaxe a graza do noso Deus e rexeitan o noso único Dono e Señor Xesús Cristo.
sei que onde vives é onde Satán ten o seu trono e que te mantés firme comigo e non negaches a fe en min nin cando Antipas, o meu mártir que tamén fiaba en min, caeu asasinado aí onda vós, onde vive Satán.
Coñezo as túas obras e fatigas e mais a túa enteireza e vexo que non podes aturar os malos. Puxeches á proba ós que se teñen por apóstolos sen seren apóstolos e ti atopáchelos falsos.
Ó anxo da Igrexa de Sardes escríbelle: Isto di quen ten os sete espíritos de Deus e as sete estrelas: coñezo as túas obras: tes sona de estar vivo, pero estás morto.
Como ti gardaches as miñas palabras con perseveranza, tamén eu te gardarei a ti no intre da proba, que está a vir sobre todo o mundo, para pór a proba a toda a xente.
Ó anxo da Igrexa de Filadelfia escríbelle: Isto di o Santo, o Verdadeiro, quen ten a chave de David, quen, se el abre, ninguén pecha, e, se el pecha, ninguén abre: