7 Ó anxo da Igrexa de Filadelfia escríbelle: Isto di o Santo, o Verdadeiro, quen ten a chave de David, quen, se el abre, ninguén pecha, e, se el pecha, ninguén abre:
Así fala o Señor, o teu Redentor, o Santo de Israel: Eu son o Señor, o teu Deus, o que te ensina para que saques proveito, quen te fai camiñar polo camiño por onde debes ir.
Así fala o Señor, o Redentor de Israel, o seu Santo: "A ti, o desprezado da xente, abominado do pobo, servo dos gobernantes, verante os reis e levantaranse; os príncipes prostaranse ante ti, porque a ti te escolleu o Señor que é fiel, o Santo de Israel".
Convocarás un pobo que non coñeces, e un pobo que non te coñece correrá onda ti, polo Señor, o teu Deus, e polo santo de Israel, que tanto te glorificou!
Sabemos que o Fillo de Deus xa está aquí e que nos deu entendemento para coñecer o Verdadeiro; nós estamos co Verdadeiro, co seu Fillo Xesús Cristo. Este é o Deus verdadeiro e a vida eterna.
que dicía: "o que vas ver escríbeo nun libro e mándallelo ás sete igrexas: á de Éfeso, á de Esmirna, á de Pérgamo, á de Tiátira, á de Sardes, á de Filadelfia e á de Laodicea".
e de parte de Xesús Cristo, a testemuña que merece fe, o primeiro en renacer da morte e soberano dos reis da terra. A aquel que nos ama, que nos liberou dos nosos pecados co seu sangue
Cantaban a cántiga do servo de Deus, Moisés, e a cántiga do Año, dicindo: "Grandes e admirables son as túas obras, Señor Deus, que todo o sostés; xusto e fiel é o teu comportamento, Rei das nacións.
porque verdadeiras e xustas son as súas sentencias. El condenou a gran Prostituta, que coa súa prostitución corrompeu o mundo, El vingou o sangue dos seus servos, que ela tiña no seu poder".
E cada un destes catro animais tiña seis ás, cheas de ollos en todo o arredor e por fóra. Non tiñan acougo nin de día nin de noite, proclamando: "Santo, Santo, Santo, Señor Deus, que todo o sostén, o que era, o que é e o que está a vir".
E cantaban un canto novo: "Ti es merecente de recibir o libro, e de abrir os selos, porque te degolaron e adquiriches para Deus co teu sangue xentes de toda raza, lingua, pobo e nación.
E a grandes berros preguntaron: "Ata que día, noso Dono santo e verdadeiro tardarás en facer xustiza e en vingar o noso sangue contra os veciños da terra?"