Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 3:5 - Biblia SEPT

5 O vencedor vaise vestir así con vestidos brancos e endexamais non borrarei o seu nome do libro da vida e responderei por el diante do meu Pai e diante dos seus anxos.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 3:5
23 Iomraidhean Croise  

Que a súa posteridade sexa arrincada e que se borre o seu nome nunha xeración.


engádelles culpas sobre culpas e non teñan acceso á túa xustificación.


Serán para min —fala o Señor dos Exércitos— propiedade persoal no día en que eu actúe, porque lles perdoarei o mesmo que un home perdoa o fillo obediente.


Todo o que volva por min diante dos homes tamén eu hei volver por el diante de meu Pai celestial.


Con todo, non vos alegredes de que os espíritos se vos sometan: alegrádevos, máis ben, de que os vosos nomes estean escritos no ceo.


E asegúrovos: todo o que volva por min diante dos homes, tamén o Fillo do Home volverá por el diante dos anxos de Deus.


Déixame, vounos destruír, e borrar o seu nome de debaixo do ceo, mentres que a ti te vou converter nun pobo máis poderoso e máis numeroso ca eles.


E tamén a ti, meu leal compañeiro de traballo, pídoche que lles botes unha man: que elas loitaron canda min polo Evanxeo xunto con Clemenzo e outros colaboradores meus que teñen o seu nome no Libro da Vida.


A Aquel que é potente para vos gardar sen pecado e así presentarvos na súa presenza sen mancha e con alegría,


E todos os habitantes da terra, que desde o comezo do mundo non teñen o seu nome escrito no libro da vida do Año que foi degolado, adoraron a besta.


A besta que viches existía pero xa non existe, e vai subir do abismo camiño da súa perdición; e os habitantes da terra, que non teñen os seus nomes escritos no libro da vida desde a creación do mundo, hanse admirar ollando que a besta existía, que xa non existe e que volverá aparecer.


Concedéuselle vestir de liño fino, ben curado e limpo, pois o liño fino son as obras boas do pobo santo".


Quen teña oídos escoite o que o Espírito lles di ás igrexas. O vencedor prométolle que non o vai danar a morte segunda.


Quen teña oídos, escoite o que o Espírito lles di ás igrexas. O vencedor heille dar a comer da árbore da vida, que está no xardín de Deus.


Logo vin os mortos, grandes e pequenos, de pé diante do trono; e abríronse uns libros. Abriuse tamén outro libro, o libro da vida é ós mortos xulgáronos polo escrito nos libros, conforme as súas obras.


A quen non apareceu inscrito no libro da Vida botárono na lagoa do lume.


pero endexamais non entrará nela nada lixado nin ningún idólatra, ou mentireiro: só os que están inscritos no libro da vida, que ten o Año.


E se alguén quita algo do contido neste libro profético, Deus quitaralle a súa participación da árbore da vida e da cidade santa, descritas neste libro.


O vencedor fareino columna do templo do meu Deus e prometo que xa non sairá fóra del; e escribirei nel o nome do meu Deus e o nome da cidade do meu Deus, da nova Xerusalén, a que baixa do ceo, de onda o meu Deus, e escribirei nel o meu nome novo.


Pero tes unhas poucas persoas en Sardes, que non lixaron os seus vestidos. Estas han pasear comigo vestidas de branco, porque son dignas.


Déuselles cadanseu vestido branco e díxoselles que parasen unha miga, ata que se completase o número dos seus compañeiros e irmáns, que os ían matar axiña como os mataran a eles.


Un israelita aclarou: —"Vedes ese home que se adianta? Vén para desafiar a Israel. A quen o mate, o rei cubrirao de riquezas, daralle a súa filla por muller e escusará á súa familia de pagar tributo en Israel".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan