Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 3:4 - Biblia SEPT

4 Pero tes unhas poucas persoas en Sardes, que non lixaron os seus vestidos. Estas han pasear comigo vestidas de branco, porque son dignas.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 3:4
31 Iomraidhean Croise  

Pero deixarei en Israel un resto de sete mil homes, os que non dobraron os xeonllos diante de Baal e que non o bicaron cos seus beizos".


pombas de ás de prata, plumas de ouro brillante.


Viste en todo tempo vestiduras brancas e non falte o perfume sobre a túa cabeza!


Se o Señor Todopoderoso non quedase connosco, que resto tan pequeno seriamos! Seriamos coma Sodoma, asemellariámonos a Gomorra.


"Esperta, esperta, revístete do teu poder, Sión!; viste os teus vestidos de esplendor, Xerusalén, Cidade Santa!, que non seguirán entrando en ti nin incircunciso nin impuro.


As súas teas non serven para vestidos, pois non tapan os seus feitos: os seus feitos son traballos da maldade, e obra da violencia hai nas súas mans.


Exultarei ledo polo Señor, e a miña alma brincará de xúbilo polo meu Deus, xa que me fixo vestir roupas da salvación e envolveume co manto da xustiza, coma o noivo que veste solemnemente o turbante, e coma a noiva que se adorna coas súas xoias.


para agasallar os tristes por Sión, para darlles xoias en vez de po, perfume de ledicia en vez de loito, vestido de festa en vez de espírito amoucado. Chamaráselles terebintos da lexitimidade, plantío do Señor para mostrar a súa gloria.


Non había quen invocase o teu nome, quen espertase para acollerse a ti, porque ti escondíchesnos a túa cara, e alagáchesnos co lote das nosas culpas.


sexa no urdido, ou no tecido do liño ou da lá, ou nunha pelica, ou en calquera peza de coiro para vestirse,


En calquera vila ou aldea que entredes, informádevos se hai alguén de confianza e permanecede alí ata que marchedes.


Entrando no sepulcro, viron un mozo vestido de branco, sentado no lado dereito, e quedaron espantadas.


Pero os que sexan dignos da vida futura e da resurrección de entre os mortos, non casarán nin eles nin elas,


Vós vixiade sempre, e pregade para que poidades escapar de todo o que está por vir, e comparecer así seguros diante do Fillo do Home.


Por aqueles días, Pedro, erguéndose en medio dos irmáns (había alí un grupo de xente de case cento vinte persoas), dixo:


Esa é a proba do xusto xuízo de Deus, de que vos vai considerar dignos do seu Reino polo que estades a padecer;


salvade a algúns, arrincándoos do lume; e dos outros tede piedade; pero con receo, aborrecendo mesmo a roupa lixada polos seus baixos vicios.


que dicía: "o que vas ver escríbeo nun libro e mándallelo ás sete igrexas: á de Éfeso, á de Esmirna, á de Pérgamo, á de Tiátira, á de Sardes, á de Filadelfia e á de Laodicea".


Naquela mesma hora veu un gran terremoto e derrubouse unha décima parte da cidade e morreron no terremoto sete mil homes. Os outros colleron medo e déronlle gloria ó Deus do ceo.


Estes son os que non se lixaron con mulleres, os que son virxes. Estes son os que acompañan o Año a onde el vaia. Estes foron mercados entre os homes, coma ofrenda de primicias para Deus e para o Año.


Os exércitos celestes, vestidos de ben curado liño branco, van tras el en cabalos brancos.


Concedéuselle vestir de liño fino, ben curado e limpo, pois o liño fino son as obras boas do pobo santo".


Aconsélloche que merques ouro do meu, que se acaba de aquilatar no lume, para te poñeres rico; e que merques roupa branca, para vestires ben e para que non se vexa a vergonza da túa nudez; e que merques colirio para untar os teus ollos e así poderes ver.


O vencedor vaise vestir así con vestidos brancos e endexamais non borrarei o seu nome do libro da vida e responderei por el diante do meu Pai e diante dos seus anxos.


Arredor do trono vin vinte e catro tronos e, sentados nos tronos, vinte e catro anciáns, vestidos de roupas brancas e coroas de ouro nas súas cabezas.


Déuselles cadanseu vestido branco e díxoselles que parasen unha miga, ata que se completase o número dos seus compañeiros e irmáns, que os ían matar axiña como os mataran a eles.


Despois disto mirei e vin un mundo de xente, que ninguén era capaz de contar, de todas as nacións, tribos, pobos e linguas, en pé diante do trono e do Año. Vestían roupa branca e levaban ramallos de palma nas mans.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan