Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 3:12 - Biblia SEPT

12 O vencedor fareino columna do templo do meu Deus e prometo que xa non sairá fóra del; e escribirei nel o nome do meu Deus e o nome da cidade do meu Deus, da nova Xerusalén, a que baixa do ceo, de onda o meu Deus, e escribirei nel o meu nome novo.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 3:12
26 Iomraidhean Croise  

Hiram asentou as columnas no pórtico do templo. Primeiro asentou a dereita, e púxolle o nome de Firme; despois asentou a esquerda e deulle o nome de Forte.


Aínda que fervan e escumen as súas augas e se estremezan os montes coa súa furia. O Señor dos exércitos está connosco, o noso castelo é o Deus de Xacob.


coma cando o vento do leste esnaquiza as naves de Tárxix.


Gloriosas cousas dinse de ti, cidade de Deus.


Os pobos verán a túa xustiza e todos os reis a túa gloria, chamaráseche cun nome novo, o que indique a boca do Señor.


Deixarédeslles o voso nome ós meus elixidos para un xuramento: Que o Señor Iavé te faga morrer!, e chamarán ós meus servos cun nome diferente".


Fíxate: hoxe convértote en cidade cortada a pico, en columna de ferro, en muralla de bronce, para todo o país, para os reis de Xudá e para os seus príncipes, para os seus sacerdotes e para a xente do campo.


O longo do vestíbulo era de vinte cóbados, e o ancho, de doce cóbados; por dez banzos subíase ata el, e tiña columnas xunto ás pilastras: unha dun lado e outra do outro.


A volta será de dezaoito mil cóbados. E desde ese día o nome da cidade será "O Señor está alí"".


Eles leváronllo, e el preguntoulles: De quen é esta imaxe e de quen fala esta inscrición? Contestáronlle: É do César.


e cando recoñeceron a graza que se me concedera, van Santiago, Pedro e mais Xoán (os piares coma quen di) e déronnos a man a min e mais a Bernabé coma sinal de solidariedade. De xeito que evanxelizarvos ós non xudeus correse pola nosa conta; e evanxelizar ós circuncidados, pola deles.


de quen toma nome toda paternidade no ceo e mais na terra,


Vós, en cambio, estades diante do monte Sión, da cidade do Deus vivo, da Xerusalén celeste; diante de milleiros de anxos, da asemblea


Como non temos aquí cidade que dure, andamos á procura da futura.


Meus filliños, vós sodes de Deus, e tedes os anticristos sometidos a vós, porque o que está en vós é maior có que está no mundo.


Logo tiven unha visión. O Año estaba de pé no monte de Sión e con el cento corenta e catro mil, que tiñan escrito nas súas frontes o nome do Año e mais o nome do seu Pai.


Faranlle a guerra ó Año. Pero o Año venceraos: por algo é Señor de señores e Rei de reis; e tamén os vencerán os chamados, os escolleitos e os fieis que están con El".


Quen teña oídos escoite o que o Espírito lles di ás igrexas. O vencedor prométolle que non o vai danar a morte segunda.


Quen teña oídos escoite o que o Espírito lles di ás igrexas. O vencedor heille dar do maná escondido e tamén unha pedriña branca; e escrito na pedriña un nome novo que ninguén coñece, fóra daquel que a recibe.


Quen teña oídos, escoite o que o Espírito lles di ás igrexas. O vencedor heille dar a comer da árbore da vida, que está no xardín de Deus.


Tamén vin que a cidade santa, unha Xerusalén nova, baixaba do ceo de onda Deus, preparada coma a esposa que está engalanada para o seu esposo.


Verano cara a cara e levarán o seu nome escrito na fronte.


O vencedor vaise vestir así con vestidos brancos e endexamais non borrarei o seu nome do libro da vida e responderei por el diante do meu Pai e diante dos seus anxos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan