Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 3:10 - Biblia SEPT

10 Como ti gardaches as miñas palabras con perseveranza, tamén eu te gardarei a ti no intre da proba, que está a vir sobre todo o mundo, para pór a proba a toda a xente.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 3:10
30 Iomraidhean Croise  

Terror, cova, trampa están sobre ti, habitante da terra!


A ese terzo fareino pasar polo lume e acrisolareino como se acrisola a prata e probareino como se proba o ouro. El invocará o meu nome e eu escoitareino; direille "ti es o meu pobo" e el dirame "Iavé meu Deus".


Proclamarase esta Boa Nova do Reino en todas partes para dar testemuño a todos os pobos. Entón será a fin.


Estade á espreita e orade, para que non entredes na tentación. O espírito está disposto, pero a carne é débil.


E non nos sometas á tentación, mais líbranos do Malo.


Asegúrovos que onde queira que se anuncie a Boa Nova, polo mundo enteiro, falarase, para honra dela, do que acaba de facer.


Saíu daquela un decreto do emperador Augusto, ordenando o empadroamento de todo o mundo.


Eu manifesteite ós homes que me escolliches do mundo. Eran teus, e déchesmos, e gardaron a túa palabra.


Primeiro de todo, doulle grazas ó meu Deus por medio de Xesús Cristo, a causa de todos vós, porque a vosa fe ten sona no mundo enteiro.


E a vós non vos viñeron tentacións que superen as forzas humanas. Fiel é Deus, que non consentirá que teñades tentacións superiores ás vosas forzas: coa tentación havos dar tamén os medios para poder saír dela.


Por iso, collede a armadura de Deus, para lles poder facer fronte no día malo, e, despois de superalo todo, quedar aínda en pé.


Se padecemos con el, tamén reinaremos con el. Se renegamos del, tamén el renegará de nós.


Meus irmáns, é que pode dar olivas a figueira ou figos a videira? E tampouco unha fontela salgada pode dar auga doce.


Meus amigos, saíde do medo que vos deu o incendio que xurdiu entre vós, para vos poñer a proba, coma se vos viñese enriba algo estraño.


Deste xeito o Señor sabe ben como librar da proba os homes piadosos; e, en troques, tamén sabe gardar para o día do xuízo os culpables, que xa van ser castigados,


Eu, Xoán, voso irmán e compañeiro no sufrimento, no reino e na esperanza en Xesús, estaba na illa chamada Patmos, por cousa da palabra de Deus e do testemuño de Xesús.


Os habitantes da terra alegraranse e brincarán de alegría e mandaranse regalos uns ós outros, porque aqueles dous profetas atormentaran os habitantes da terra".


Se algún está para a catividade, irá á catividade. Se algún está para morrer coa espada, matarano coa espada. Aquí están a esperanza e mais a fe do pobo santo.


Descamiña os habitantes da terra cos milagres que se lle permitiron facer diante da besta, dicíndolles que fagan imaxes en honor da besta, que tiña a ferida da espada pero recobrara a vida.


E todos os habitantes da terra, que desde o comezo do mundo non teñen o seu nome escrito no libro da vida do Año que foi degolado, adoraron a besta.


Aquí está a esperanza dos santos, dos que observan os mandamentos de Deus e gardan a fe de Xesús".


E vin outro anxo voando polo medio do ceo: levaba unha boa nova eterna para pregoárllela ós habitantes da terra, a todas as nacións, razas, linguas e pobos.


son os espíritos dos demos que fan prodixios e van onda os reis de toda a terra, para xuntalos para a guerra do día grande do Deus que todo o sostén.


foi a prostituta dos reis da terra e co viño da súa fornicación emborracháronse os habitantes da terra".


A besta que viches existía pero xa non existe, e vai subir do abismo camiño da súa perdición; e os habitantes da terra, que non teñen os seus nomes escritos no libro da vida desde a creación do mundo, hanse admirar ollando que a besta existía, que xa non existe e que volverá aparecer.


Non teñas medo ningún do que vas sufrir. Ollade que Satán vos ha meter a algúns de vós no cárcere, para vos poñer á proba e teredes sufrimento dez días. Pero mantente fiel ata a morte e dareiche a coroa da vida.


coñezo as túas obras olla que te puxen diante dunha porta ben aberta, que ninguén pode pechar; coñezo que tes pouca forza, e mesmo así, cumpriches a miña palabra e non me negaches.


E a grandes berros preguntaron: "Ata que día, noso Dono santo e verdadeiro tardarás en facer xustiza e en vingar o noso sangue contra os veciños da terra?"


E mirei e oín o que berraba con voz potente unha aguia, que estaba voando polo medio do ceo: "Ai, ai, ai dos veciños da terra, por cousa dos outros toques de trompeta, que tres anxos van tocar!"


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan