Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 22:3 - Biblia SEPT

3 Alí endexamais non haberá nada maldito. Nela estará o trono de Deus e mais do Año; e será alí onde os seus servidores o servirán.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 22:3
20 Iomraidhean Croise  

Mostrarasme o camiño da vida: a túa presenza éncheme de alegría; a túa dereita, de gozo eterno.


Mais eu verei con felicidade a túa presenza, ó espertar, saciareime de verte.


Clamade con gozo e ledicia, habitantes de Sión: Que grande é no medio de ti o Santo de Israel".


Si, os rescatados do Señor volverán e entrarán en Sión con xúbilo. Haberá ledicia eterna sobre as súas cabezas, invadiraos o xúbilo e a alegría; o tormento e os suspiros xa fuxiron.


e a miña morada estará no medio deles; serei o seu Deus e eles serán o meu pobo.


A volta será de dezaoito mil cóbados. E desde ese día o nome da cidade será "O Señor está alí"".


habitarase nela. Non volverá haber destrución sagrada: Xerusalén será habitada con seguridade.


Díxolle o señor: "Ben, criado fiel e cumpridor; xa que fuches fiel no pouco, poñereite á fronte do moito: pasa a gozar da festa do teu señor".


E diralles logo ós da súa esquerda: "Arredade de min, malditos; ide para o lume eterno preparado para o Satán e para os seus anxos.


Se alguén quere servirme, que me siga; e alí onde estou eu, estará tamén o meu servidor. Se alguén me serve, hao honrar o Pai.


Se Deus queda glorificado nel, tamén Deus o glorificará a el e hao glorificar axiña.


E cando vaia e vos arranxe un lugar, volverei e collereivos comigo, para que, onde estea eu, esteades vós tamén.


Pai, os que me deches, quero que, onde estou eu, estean tamén eles comigo, para que contemplen a miña gloria, a que ti me concediches, porque me amabas xa antes da fundación do mundo.


Maldito sexa quen non manteña as formulacións desta lei para pólas por obra. E todo o pobo dirá: Amén.


Proclamaban con grande voz: "A salvación perténcelle ó noso Deus, que senta no trono, e mais ó Año".


Despois disto mirei e vin un mundo de xente, que ninguén era capaz de contar, de todas as nacións, tribos, pobos e linguas, en pé diante do trono e do Año. Vestían roupa branca e levaban ramallos de palma nas mans.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan