Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 21:3 - Biblia SEPT

3 E sentín unha forte voz que desde o trono dicía: "Velaquí a tenda de Deus onda os homes. Acampará entre eles: eles serán o seu pobo e El será o seu Deus e compañeiro.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 21:3
29 Iomraidhean Croise  

Será verdade que Deus fará na terra unha morada? Se nin os ceos todos te poden acoller, canto menos esta casa que eu che construín.


Aínda que, é posible que Deus habite cos homes na terra? Se non cabes no ceo nin no máis alto do ceo, canto menos neste templo que che construín!


Que me fagan un santuario, onde eu habite no medio deles.


Habitarei no medio de Israel e serei o seu Deus.


Clamade con gozo e ledicia, habitantes de Sión: Que grande é no medio de ti o Santo de Israel".


Velaquí o pacto que eu hei pactar coa casa de Israel despois deses días —é o Señor quen fala—: Hei meter a miña lei nas súas entrañas, escribireina nos seus corazóns, serei para eles o seu Deus, e eles serán para min o meu pobo.


Eles serán o meu pobo e eu serei o seu Deus.


e a miña morada estará no medio deles; serei o seu Deus e eles serán o meu pobo.


e díxome: —Fillo de Adam, aquí tes o lugar do meu trono, velaquí o sitio do estrado dos meus pés, onde eu habitarei entre os fillos de Israel para sempre. Xa non volverán profanar o meu santo Nome nin a Casa de Israel nin os seus reis, coas súas fornicacións e cos cadáveres dos seus reis, e mais cos seus sepulcros.


A volta será de dezaoito mil cóbados. E desde ese día o nome da cidade será "O Señor está alí"".


A ese terzo fareino pasar polo lume e acrisolareino como se acrisola a prata e probareino como se proba o ouro. El invocará o meu nome e eu escoitareino; direille "ti es o meu pobo" e el dirame "Iavé meu Deus".


Traereinos e habitarán no medio de Xerusalén, serán para min o meu pobo, e eu serei para eles o seu Deus, na fidelidade e na xustiza".


Así acontecía continuamente: a Nube cubríao de día, e de noite aparecía coma unha especie de lume.


E a Palabra fíxose carne, e plantou entre nós a súa tenda, e nós vimos a súa gloria, gloria coma de Unixénito que vén do Pai, cheo de graza e de verdade.


Xesús respondeulle: Se alguén me ama, gardará a miña palabra, e meu Pai amarao, e viremos onda el, e faremos vida con el.


Que consenso pode haber entre o templo de Deus e mais os ídolos? Nós somos templo de Deus vivo; así o dixo Deus: hei vivir e camiñar con eles; serei o seu Deus e eles serán o meu pobo.


Serei un pai para vós e vós seredes para min fillos e fillas, di o Señor que todo o sostén.


Que o mesmo Deus, noso Pai, e o noso Señor Xesús, endereiten o noso camiño cara a vós.


Pero máis ben suspiraban por outra patria mellor: a celestial. Por iso Deus non se avergonza de que o chamen o seu Deus, xa que lles preparou unha cidade.


Pois esta é a alianza que pactarei coa casa de Israel, cando cheguen aqueles días di o Señor: cando dea as miñas leis, héillelas escribir nos seus corazóns e nas súas mentes. Eu serei para eles o seu Deus e eles serán para min o meu pobo.


ó mesmo tempo que oficiou coma sacerdote no santuario e na tenda verdadeira, que erixiu o Señor, non un home.


Despois de falaren os sete tronos estaba eu para escribir, pero oín que unha voz desde o ceo me dicía: "Garda en segredo o que falaron os sete tronos e non o escribas".


E a voz que oíra desde o ceo volveu falar comigo para me dicir: "Vai e colle o libriño aberto, que ten na man o anxo que está afincado no mar e na terra".


E oín un gran berro no ceo, que dicía: "Arestora chegou a vitoria, o poder, e o reino do noso Deus, así coma a soberanía do seu Mesías. Porque expulsaron o acusador dos nosos irmáns, o que os acusaba diante do noso Deus, día e noite.


O vencedor será herdeiro de todo isto. Eu serei para el o seu Deus e el será para min o meu fillo.


Alí endexamais non haberá nada maldito. Nela estará o trono de Deus e mais do Año; e será alí onde os seus servidores o servirán.


Por iso están diante do trono de Deus, e adórano día e noite no seu santuario. E quen está sentado no trono chantará a súa tenda cabo deles.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan