"Esperta, esperta, revístete do teu poder, Sión!; viste os teus vestidos de esplendor, Xerusalén, Cidade Santa!, que non seguirán entrando en ti nin incircunciso nin impuro.
Exultarei ledo polo Señor, e a miña alma brincará de xúbilo polo meu Deus, xa que me fixo vestir roupas da salvación e envolveume co manto da xustiza, coma o noivo que veste solemnemente o turbante, e coma a noiva que se adorna coas súas xoias.
Non se che volverá chamar "Abandonada", nin á túa cidade se lle volverá dicir "Ruína", senón que a ti se che chamará "Ti es o meu amor" e á túa cidade se lle chamará "A casada". Si, o amor do Señor estará en ti, e a túa cidade casará.
Así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel: —Cando eu traia os desterrados, volveranse repetir no país de Xudá e nas súas cidades estas verbas: "Que o Señor te bendiza, rexión de lexítima morada, monte do santuario".
A esposa tena o esposo; con todo, o amigo do esposo que está presente e o escoita alégrase de todo corazón coa súa voz. Así é a miña alegría, que agora chega ó seu máximo.
Pero máis ben suspiraban por outra patria mellor: a celestial. Por iso Deus non se avergonza de que o chamen o seu Deus, xa que lles preparou unha cidade.
Revelación de Xesús Cristo que Deus lle outorgou, para que el lles mostrase ós seus servos o que ten que acontecer axiña. E fíxoa coñecer, mandándolla polo seu anxo ó seu servo Xoán,
Eu, Xoán, deséxovos ás sete igrexas de Asia graza e paz de parte do que é, o que era e o que está a vir, de parte dos sete espíritos que están diante do seu trono;
Eu, Xoán, voso irmán e compañeiro no sufrimento, no reino e na esperanza en Xesús, estaba na illa chamada Patmos, por cousa da palabra de Deus e do testemuño de Xesús.
Pero o adro que está fóra do santuario, déixao de lado e non o midas, que llelo deron ós pagáns, que pisarán a cidade santa durante corenta e dous meses.
Logo veu un dos sete anxos que tiñan as sete cuncas cheas das sete derradeiras pragas e falou comigo, dicindo: "Ven acó, que che vou amosar a noiva, a esposa do Año".
E se alguén quita algo do contido neste libro profético, Deus quitaralle a súa participación da árbore da vida e da cidade santa, descritas neste libro.
O vencedor fareino columna do templo do meu Deus e prometo que xa non sairá fóra del; e escribirei nel o nome do meu Deus e o nome da cidade do meu Deus, da nova Xerusalén, a que baixa do ceo, de onda o meu Deus, e escribirei nel o meu nome novo.